Movida viguesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Siniestro total, unha das formacións máis coñecidas da chamada movida viguesa.

A movida viguesa foi un período de creación cultural, xurdida entre 1977 e 1981, que se desenvolveu na cidade de Vigo durante a primeira metade da década de 1980, e que coincidiu no tempo coa movida madrileña.

Índice

[editar] Historia

Foi fundamentalmente un movemento musical e estético (a videocreación xogou un papel fundamental), asociado á nocturnidade e os bares do casco vello da cidade, que supuxo unha reacción á música e mais aos valores convencionais da época, nun contexto de forte crise económica (con altas taxas de paro e unha forte reconversión do sector naval) e de certo escepticismo político xerado polo desencanto producido pola transición política principiado a finais da década dos 70, tras a desaparición da ditadura franquista.

A cidade vive unha febre de aparicións con infinidade de grupos de estilos moi variados (punk, pop, tecno, reggae ou funk), decote con letras caóticas e irreverentes, influídas pola postmodernidade, con escaso ou nulo compromiso coas convencións sociais imperantes.

Golpes Bajos, Aerolineas Federales, Os Resentidos, Semen Up, Siniestro Total, Bar (banda), Los Buzos, Batallón Disciplinario, Vacuna Antibritánica ou Control Remoto[1] son grupos que xorden baixo o manto da movida.

[editar] Notas

  1. Artigo publicado no xornal El País o 15/04/1984 [1]

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas