Shin Chan
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
| Shin Chan | |
|---|---|
| クレヨンしんちゃん (Crayon Shin-chan) |
|
| Anime '' | |
| Dirixido por | Mitsuru Hongo (1992-1996) Keiichi Hara (1996-2004) Yuji Muto (2004-) |
| Estudio | Shin'ei Doga |
| Canle televisiva | |
| Primeira emisión | 13 de abril de 1992 |
| Última emisión | en emisión |
| Núm. de capítulos | 675 |
| Manga | |
| Creado por | Yoshito Usui (臼井儀人) |
| Editor | Weekly Manga Action Manga Town |
| Publicado en | |
| Primeira edición | 1990 |
| Última edición | |
| Núm. de volumes | 48 |
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Shin-chan (en xaponés クレヨンしんちゃん, Crayon Shin-chan) é un manga do debuxante Yoshito Usui e unha serie de animación sobre a vida dun neno de 5 anos extravertido, falangueiro, descarado e moi larpeiro. Malia que o protagonista sexa un cativo, segundo o seu autor, a serie non vai dirixida ó público infantil, senón pola contra a un xuvenil ou mesmo adulto. Non obstante, os nenos son os que máis gozan da serie, quizais polo tópico de que os debuxos son para nenos.
En Galiza o anime chegou no 2000 emitíndose na canle autónima TVG dentro do espazo xuvenil Xabarín Club acadando moito éxito. Porén, Shin-Chan deixou de se emitir no Xabarín Club ó recibir protestas dos pais de que a serie é un mal exemplo para os cativos das casas, polo que se optou por botala fóra dese horario para a botar máis á tardiña. A finais do 2005 a TVG non voltaría emitir máis capítulos da serie. Na actualidade Antena 3 ten os dereitos. Tamén se pode gozar da serie no galego polo Cartoon Network.
Índice |
[editar] Personaxes
[editar] Familia Nohara
- Shinnosuke Nohara (野原しんのすけ) (Shin-chan). Ten 5 anos e apaixónalle as galletas de chocolate, a serie de televisión de Ultraheroe, as mozas en bikini e a sección de "adultos" da libraría. Encántalle o "baile do cu ó aire" e ensinar a "trompa" (piroliña), pero non lle gustan nada os pementos. O que mellor caracteriza este personaxe é o feito de que, estea onde estea, sempre acaba imperando o caos.
- Hiroshi Nohara (野原ひろし), pai de Shin-chan (35 anos). Traballa na oficina da empresa Futaba, gaña pouco e acostuma ir de esmorga polos bares despois do traballo.
- Misae Nohara (野原みさえ), nai de Shin-chan (29 anos). É ama de casa. Adoita durmir a sesta, e perde a paciencia con facilidade. De solteira apelidábase Koyama.
- Himawari Nohara (野原ひまわり), a irmá máis nova (0 anos). Encántanlle as xoias caras e os mozos ben feitos.
- Nevado (no orixinal xaponés Shiro, シロ, que significa "branco"), o can da familia. En teoría, Shin-chan coida del, pero rara vez se acorda de lle dar a comida.
- Ginnosuke Nohara (野原銀の介), avó paterno de Shinnosuke (65 anos). Vive na prefectura de Akita e non se leva ben con Yoshiji Koyama. Ten a mesma personalidade que Shin Chan, polo que conxenian moi ben.
- Tsuru Nohara (野原つる), avoa paterna de Shinnosuke.
- Yoshiji Koyama (小山よし治), avó materno de Shinnosuke. Vive en Kumamoto, na rexión de Kyushu e lévase mal con Ginnosuke Nohara. É moi serio e detesta certos programas de televisión.
- Hisae Koyama. É a avoa materna de Shinosuke.
[editar] Amigos
- Tooru Kazama (風間トオル), un neno moi listo de familia adiñeirada que polas tardes sempre ten clase de inglés nunha academia.
- Masao Satō (佐藤マサオ), un neno moi choromicas que leva a cabeza rapada.
- Nene Sakurada (桜田ネネ), unha nena á que lle gusta moito xogar a "papás e mamás". Cando se enfada zóscalle a un coello de peluche; actitude que herdou de súa nai.
- Boo-chan, un neno que sempre leva un moco colgando do fociño. É algo torpe (salvo nalgúns casos) e practicamente non fala, pero de vez en cando di algunha cousa sensata.
- Xunto con Shin-chan, forman o Exército de Kasukabe (a cidade onde viven).
[editar] Mestres
- Midori Yoshinaga (吉永みどり) (24 anos). É a mestra da clase dos Xirasois, a onde vai Shin-chan. Encántanlle os nenos, pero Shin-chan pon a proba a súa paciencia tódolos días, pois non a deixa en paz nin cando está co seu mozo Hishisaka.
- Ume Matsuzaka (松坂うめ) (24 anos). Coida moito das aparencias, pero en realidade é bastante pobre. Gástase tódolos cartos en xoias e vestidos para logo ter que conformarse con comer pan durante un mes enteiro. Nunca consegue ligar e leva moita maquillaxe, cousa que Shin-chan se encarga de lle recordar a cada momento. Lévase mal con Yoshinaga e ten dúas irmás maiores chamadas Take Matsuzaka (松坂 竹, 26 anos) e Matsu Matsuzaka (松坂 松, 29 anos), e ámbalas dúas están na mesma situación ca ela.
- Director, ó que Shin Chan chama "mafioso" pola súa apariencia física. Porén a súa personalidade esta cargada de paciencia e amabilidade. A súa aparencia (moitas veces axudado por Shin Chan) causoulle moitos problemas.
- Masumi Ageo (上尾ますみ). É moi tímida, pero cando se quita as lentes vólvese agresiva.
[editar] Oficina da empresa futaba, onde traballa Hiroshi
- Kawaguchi é un subalterno de Hiroshi. É bastante tímido coas mozas, e non consegue ligar.
- Yumi é a atractiva secretaria de Hiroshi, e acostuma aparecer nos soños deste.
[editar] Ficción
- Ultraheroe (en xaponés Action Kamen, アクション仮面) é o personaxe máis popular na televisión. Ten unha axudante, Mimiko, a quen sempre secuestran, e os seus ataques son o Ultra Puño, a Ultra Patada e o Ultra Raio. Shin-chan non se perde nin un episodio da serie.
- Súper Robot (en xaponés Kuntam ou Kantamu, カンタム, nome baseado en Gundam).
- Porquiño pirata ou Buriburi é un porco que acostuma debuxar Shin-chan, e para o que inventa diversas historias. A veces recompila estas historias en libros de debuxos que posteriormente intentará vender na libraría Kasukabe.
[editar] Outros
- Exército Escarlata. Son tres rapazas (Yuko, Oghin e Mari) que pretenden ser o terror da cidade, pero son confundidas con humoristas por Shin Chan.
- As libreiras. Non conseguen vender libros tranquilamente sen se quitaren de encima a Shin-chan. Comunícanse mediante o código secreto xesticulado das libreiras.
- Usuto Yoshii, parodia de Yoshito Usui, o debuxante de Shin-chan. É un debuxante que nunca chega a entregar a tempo o seu traballo por diversos motivos, todos eles relacionados con Shin-chan. O seu nome é unha reordenación silábica de Yoshito Usui.
- Nanako, o grande amor platónico de Shin-chan, quen se volve firme e cabaleiroso cada vez que se atopa con ela. É unha universitaria que ten un pai que non quere que teña mozo, así que non lle gustan nada as intencións de Shin-Chan.
- Michi (ミッチー) e Yoshirin (ヨシリン) son unha estoxadiza parelliña de casados. Viven ó lado dos Nohara. De cando en cando enfádanse por cousas sen importancia e buscan consolo na casa dos seus veciños. Acaban resolvendo os seus problemas, aínda que sempre logran "contaxiárllelos" a Hiroshi e Misae.
- Keiko Honda (29 anos), unha amiga de Misae. Casou con Satoshi Honda, un debuxante de cómics oito anos máis novo ca ela. Ten un bebé chamado Hitoshi Honda. Na versión galega o seu nome é ás veces pronunciado coma Keko.
- Kawamura, un neno que vai á clase das rosas, é moi bo en tódolos deportes pero nas competicións coa clase dos xirasois sempre é humillado por Shinnosuke.
[editar] Manga
O manga publícase cada semana na revista Weekly Action dende 1992. Tamén se publicaron por agora 40 tomos de 200 páxinas en Xapón. En España, tentouse editar o manga unha primeira vez, pero foi un fracaso. Malia todo, despois de que a serie demostrase ser un éxito, volveu editarse, e saíron á venda 42 libros en edición castelá e 70 en edición catalá, por Planeta DeAgostini.
[editar] Serie de Animación
Crayon Shin-chan (クレヨンしんちゃん) fíxose moi popular en Cataluña e logo pasou a outras televisións autonómicas co mesmo éxito, como sucedeu en Galiza.
En Xapón a serie leva 12 anos en antena e segue saíndo un novo episodio cada semana. Actualmente emitíronse máis de 500 episodios.
Emitiuse por primeira vez o 13 de abril de 1992 na televisión xaponesa TV Asashi. Os capítulos duran cadanseus 20 minutos e están divididos en tres subcapítulos de 6:40, aínda que nas últimas tempadas na televisión xaponesa están a emitir tan só dous subcapítulos de diferente duración, e que xuntos completan os 20 minutos.
[editar] A letra da sintonía da TVG
Sonche falangueiro, descarado e bo larpeiro, deixo a todos quedar mal. Shinnosuke é un bule bule pra enredar el éche o tal.
- Shinnosuke
Cando hai que conquistar, aí si que non teño par, e facendo as beiras son moi lanzado e picarón.
- Come on baby, come on baby. Os pementos que noxo dan.
Mira que trompa que cacho trompa.
Trompa ,trompa... e todos saben que son Shin Chan.
-¡Sinosuke!
Medo ten a xente cando me ve de repente, non se vai zafar ninguén. Se quedas comigo ímolo pasar moi ben e... verás que eu son especial.
[editar] Dobraxe ó galego
- Estudio: Sodinor S.A. (Vigo).
- Data: 2001.
- Dirección: Matías Brea / Alfonso Valiño.
- Tradución: María Seisdedos.
- Axustes de texto: Alfonso Valiño.
- Reparto da dobraxe:
-
Personaxe Dobraxe ó galego Voz orixinal xaponesa Shinnosuke "Shin Chan" Nohara Ana Lemos Akiko Yajima Hiroshi Nohara Matías Brea Keiji Fujiwara Misae Nohara Charo Pena Miki Narahashi Toru Kazama Tere Santamaría Mari Mashiba Nene Sakurada Montse Davila Tamao Hayashi Masao Sato Ana Ouro Mie Suzuki Boo Chan Alicia Taboada Chie Satou Ultraheroe Oscar Fernández Tesshō Genda Señor Director "Mafioso" Alfonso Valiño Rokurō Naya Midori Yoshinaga Nora Abad Yumi Takada Ume Matsuzaka Bea García Michie Tomizawa Yuko Enerbuda Isabel Vallejo Megumi Ogata Ogin Ollos Chiscos Bea García Hiromi Tsuru Mari Carafunchos Xermana Carballido ? Porquiño Pirata Oscar Fernández Kaneto Shiozawa
- Voces adicionais:
- ▪ Elena Amoedo.
- ▪ Iñaki Baliño.
- ▪ Andrés Bellas.
- ▪ César Cambeiro.
- ▪ Lucía Cid.
- ▪ Gonzalo Faílde.
- ▪ Tacho González.
- ▪ Luís Iglesia.
- ▪ Patricia de Lorenzo.
- ▪ Antonio Mourelos.
- ▪ Antón Olmos.
- ▪ Manuel Pombal.
- ▪ Carlos Reboreda.
- ▪ Berto Vilanova.
[editar] Filmes
1993:クレヨンしんちゃん アクション仮面vsハイグレ魔王
- Crayon Shin-chan: Action Kamen vs Haigure Maô.
- Shin-chan: A invasión (Shin-chan: Ultraheroe contra o diaño Haigure).
1994:クレヨンしんちゃん ブリブリ王国の秘宝
- Crayon Shin-chan: Buriburi Ôkoku no hihô.
- Shin-chan na illa do tesouro (Shin chan: O tesouro do reino Buriburi).
1995:クレヨンしんちゃん 雲黒斎の野望
- Crayon Shin-chan: Unkokusai no yabô.
- Shin-chan:o pequeno samurai (O anhelo de Unkokusai).
1996:クレヨンしんちゃん ヘンダーランドの大冒険
- Crayon Shin-chan: Henderland no Daibôken.
- A grande aventura de Henderlandia.
1997:クレヨンしんちゃん 暗黒タマタマ大追跡
- Crayon Shin-chan Ankoku Tamatama Daitsuiseki.
- Shin-chan na procura das bólas perdidas.
1998:クレヨンしんちゃん 電撃!ブタのヒヅメ大作戦
- Crayon Shin-chan: Dengeki! Buta no Hizume Daisakusen.
- Operación Rescate (¡Sensacional! O gran proxecto dos pezuños de porco).
1999:クレヨンしんちゃん 爆発!温泉わくわく大決戦、クレしんパラダイス!メイド・イン・埼玉(同時上映)
- Crayon Shin-chan: Bakuhatsu! Onsen wakuwaku kessen. / Kureshin paradise! Made in Saitama (Dôji jôei).
- ¡Bomba! A batalla decisiva da fonte termal. / ¡Paraíso Shin-chan! feito en Saitama (Proxección simultánea).
2000:クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶジャングル
- Crayon Shin-chan: Arashi wo yobu - Jungle.
- Chamando á tempestade - A xungla.
2001:クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ モーレツ!オトナ帝国の逆襲
- Crayon Shin-chan: Arashi wo yobu - Môretsu! Otona Teikoku no Gyakushû.
- Chamando á tempestade - Shinchan contra o Imperio dos Adultos.
2002:クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ アッパレ!戦国大合戦
- Crayon Shin-chan: Arashi wo yobu - Appare! Sengoku Daikassen.
- Chamando á tempestade - ¡Ben feito! A gran guerra Sengoku.
2003:クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ 栄光のヤキニクロード
- Crayon Shin-chan: Arashi wo yobu - Eikô no yakiniku rôdo.
- Chamando á tempestade - O Señor do Yakiniku da Gloria (?).
2004:クレヨンしんちゃん 嵐を呼ぶ 夕陽のカスカベボーイズ
- Crayon Shin-chan: Arashi wo yobu - Yûhi no Kasukabe Boys.
- Chamando á tempestade - O ocaso dos rapaces de Kasukabe.