X-Men Evolution

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
X-Men: Evolution
Formato Serie animada
País de orixe Estados Unidos
Número de episodios 22 minutos aprox.
Produción
Duración 48 episodios
Emisión orixinal
Canle de orixe Cartoon Network
Tempo de emisión 4 de novembro de 2000 – 25 de outubro de 2003


X-Men: Evolution é unha serie animada baseada nos X-Men, estreada en novembro do 2000. O seu lanzamento é contemporáneo á película X-Men, e reformula en gran medida a concepción tradicional do grupo, xa que moitos das súas personaxes son redeseñadas coma adolescentes que van ao colexio. A serie foi emitida no Xabarín Club, programa infantil galego.

Historia[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Primeira Tempada[editar | editar a fonte]

Ao comezar a serie os únicos mutantes no instituto Xavier son o propio Charles Xavier, Lobeto, Tormenta e os mozos Cíclope e Jean Grey. Por outra banda, está a mutante Mística que pode cambiar de forma e faise pasar por directora da escola Bayville, traballando baixo as ordes dun escuro mutante chamado Magneto.

Os primeiros episodios relatan a "guerra fría" entre ambos os bandos por localizar mutantes e unilos ao seu propio grupo, os X-Men e a Irmandade respectivamente. Ao final da tempada desátase a guerra entre ambos, e Magneto leva aos gañadores ao seu asteroide para "amplificar" os seus poderes para combater á humanidade. Pero finalmente todos logran escapar e facer explotar o asteroide.

  1. Strategy X
  2. X Impulse
  3. Rogue Recruit
  4. Mutant Crush
  5. Speed and Spyke
  6. Middleverse
  7. Turn of the Rogue
  8. Spycam
  9. Survival of the Fittest
  10. Shadowed Past
  11. Grim Reminder
  12. The Cauldron part 1
  13. The Cauldron part 2

Segunda Tempada[editar | editar a fonte]

Aínda que existen cada día máis mutantes, o groso da opinión pública aínda ignora a súa existencia. A maior parte dos episodios retratan os intentos por manter a súa existencia en segredo, intentos que chegan a un desastroso final cando os X-Men e a Irmandade deben combater xuntos a un xigantesco Sentinela (un robot) no medio dunha avenida, e sendo filmados todo o tempo.

A Irmandade queda sen líderes, e deixa de ser un grupo de supervillanos para pasar a ser simplemente un grupo de revoltosos. Mística anda pola súa conta, facéndose pasar por unha nova alumna (Misty), para gañarse así a amizade de Pícara, a quen considera a súa filla. Mística finalmente regresa á Irmandade cunha gran sorpresa: Wanda Maximoff, a poderosísima filla de Magneto, que o odia por encerrala nun manicomio... e de paso odia tamén ao seu presumido irmán Pietro.

  1. Growing Pains
  2. Power Xorde
  3. Bada Bing, Bada Boom
  4. Fun and Games
  5. The Beast of Bayville
  6. Adrift
  7. On Angel's Wing
  8. African Storm
  9. Joyride
  10. Walk on the Wild Side
  11. Operation: Rebirth
  12. Mindbender
  13. Shadow Dance
  14. Retreat
  15. Hex Factor
  16. Day of Reckoning part 1
  17. Day of Reckoning part 2

Terceira Tempada[editar | editar a fonte]

O segredo dos mutantes xa é coñecido. Agora realizan grandes esforzos para poder ser aceptados na sociedade. Por outra banda, xorde unha ameaza para todos: un poderosísimo mutante do pasado, Apocalipse.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]