Gatocán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
GatoCán
Formato Animación
Creado por Peter Hannan
Intérpretes Animación
País de orixe Estados Unidos
Número de episodios 331
Produción
Duración 30 minutos por episodio, 15 por segmento
Emisión orixinal
Canle de orixe Nickelodeon
Tempo de emisión 4 de outubro de 19889 de xuño de 1996


GatoCán foi unha serie de debuxos animados estadounidense do canal Nickelodeon, creada por Peter Hannan.

Argumento[editar | editar a fonte]

Conta a historia de dous irmáns siameses: un gato intelixente e racional e un can idiota e alegre, ambos constitúen un corpo onde cada punta posúe unha cabeza e un par de patas. Os dous forman a criatura chamada GatoCán, CatDog na versión orixinal. Durou entre 1998 e 2001.

GatoCán foi separado dos seus pais (un sapo e unha criatura peluda, estilo Home do Ieti ou Pés Grandes) por un tornado. Dende entón viven nunha casa con formato de peixe e óso na cidade de Pretoburgo (Nearburg), xunto cun rato azul.

GatoCán sempre se mete en confusos enredos cunha banda de cans, formada polo xefe Blefe, xunto con Biluca e Chilique.

O programa nunca foi moi popular en ningunha parte do mundo, pero posúe unha relativa lexión de fans de proporcións razoables, formada principalmente polo público prescolar e preadolescente, non obstante, ten algunha mensaxe máis dirixida ós adultos. No Xabarín Club (TVG) foi emitido por primeira vez no ano 2004.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]