Dallas (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dallas
A mansión dos Ewing

Dallas é unha serie da televisión norteamericana creada por David Jacobs que se emitiu orixinalmente entre 1978 e 1991 sobre unha familia de millonarios, os Ewing, dedicada á industria petroleira e á gandeira.

Historia[editar | editar a fonte]

A serie principiou o 2 de abril de 1978 como unha miniserie de cinco capítulos na CBS, pero acabou desenvolvéndose durante trece tempadas e 357 capítulos. En 2007 o crítico de televisión da revista Time James Poniewozik incluíu á serie entre as 100 mellores de todos os tempos [1], foi o primeiro ou segundo programa máis visto nas tempadas 3 a 7 (1980-1984), o episodio Who Done It, emitido o 21 de novembro de 1980 tivo unha audiencia de máis de 41 millóns de televidentes. Dallas dobrouse a 67 linguas e emitida en 90 países[2], e foi a primeira serie que emitiu a TVG[3].

Notas[editar | editar a fonte]