Contou Rosalía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Contou Rosalía
XéneroBiopic
Escrito porRaúl Veiga [1]
Dirixido porZaza Ceballos
IntérpretesMelania Cruz, entre outros.
Lingua(s)galego
Produción
Localización(s)A Coruña
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Na rede
IMDB: tt9637900 Facebook: contourosalia Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Contou Rosalía é un telefilme (emitido tamén como miniserie), da TVG, estreado o 16 de maio de 2018, véspera do Día das Letras Galegas, baseado na vida de Rosalía de Castro en Madrid.[2]

Argumento[editar | editar a fonte]

Ao Madrid de mediados do S. XIX chega a Duquesa da Gloria, unha aristócrata de provocante singularidade. Tamén está na cidade, por asuntos de familia, a escritora feminista Rosalía de Castro. Alí fai vida social, escribe e reencóntrase co historiador Manuel Murguía. Á calor da común preocupación polas xentes e a cultura de Galicia, nace entre eles unha paixón que a escritora non quere ver morrer nas cadeas con que a sociedade da época aferrolla as mulleres. O amor da escritora, desafiando limitacións de todo o tipo, desenvólvese no clima conspiratorio do final da era absolutista, tan axitado como traxicómico, onde a actuación da Duquesa da Gloria adquire unha sorprendente relevancia no camiño da emancipación. A propia Rosalía é quen nolo conta.

Segundo Iolanda Ogando:[3]

Unha breve análise de CR, permítenos ver rapidamente que este baleiro documental sería decisivo na maneira de encarar o guión por parte de Raúl Veiga, tanto na conformación da súa lectura histórica como na selección de acontecementos, textos e pensamentos da autora.

Elenco[editar | editar a fonte]

Rúa Ballesta nº 13, residencia de Rosalía en Madrid.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]