Espacio aberto
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Espacio aberto | |
|---|---|
| Duración | 60 minutos |
| Presentado por | Pemón Bouzas |
| Cadea | TVG |
| Día da estrea | 25 de xuño de 1988 |
| Páxina web oficial | |
Espacio aberto foi un programa cultural da Televisión de Galicia dedicado á divulgación de espectáculos, tanto galegos como foráneos, que se desenvolvían no territorio galego. Estaba dirixido e presentado por Pemón Bouzas que percorría a xeografía galega nunha unidade móbil para realizar as reportaxes, xeralmente tres por programa.