Kiteretsu, o primo listo de Nobita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kiteretsu, o primo listo de Nobita
Formato Aventuras, Ciencia ficción
Creado por Fujiko F. Fujio
Intérpretes Animación
País de orixe Xapón
Número de episodios 331
Produción
Produtor(es) executivo(s) Luk Internacional
Duración 30 minutos por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixe Fuji Television
Formato de imaxe 4:3
Emisión 27 de marzo de 19889 de xuño de 1996
Ligazóns externas
Páxina web

Kiteretsu, o primo listo de Nobita (orixinalmente Kiteretsu Daihyakka) é unha serie creada por Fujio F. Fujiko (tamén creador de Doraemon). É unha serie de animación protagonizada por un neno chamado Taeko (Kiteretsu, para os seus amigos), membro dunha ancestral familia xaponesa autora dun popular dicionario de inventos. O cativo adícase a realizar inventos para solucionar problemas, seus e dos seus amigos Miyoko, Tongari e Gorila. Tamén dispón dun robot mascota creado por el mesmo chamado Korosuke.

En Galicia podemos desfrutar desta serie no programa infantil-xuvenil da TVG Xabarín Club.

Situación[editar | editar a fonte]

O programa está ambientado na irreal Hyōno-chō, que está situada nunha localización ambigua que posúe estación de tren, un centro comercial... Debido a que o Seibu Railway, un ferrocarril eléctrico, aparece na serie, crese (e especulouse) que a situación desta é nalgún sitio na área "Musashino" de Toquio. A irreal cidade lindeira de Urano-chō é onde vive a tía de Miyoko. No anime, Miyoko fala un dialecto atribuído á dita cidade.

A irreal Hyakujōshima é onde se atopa a casa de vacacións da familia de Tongari. Unha familia de granxeiros vive alí e cóidalles o lugar. A illa é escasamente poboada dado que a poboación marchou a Toquio ao estaren os dous puntos conectados por avións e transbordador.

Na serie foron mencionadas dús escolas: Hyōno e a Universidade de Takao. O primeiro é o colexio público ao que acoden Kiteretsu e os seus amigos. Durante as vacacións, as cociñeiras da cafetería usan a escola para dar clases de piano.

Non se sabe se a Universidade de Takao é privada, concertada ou pública. Benzo foi capaz de entrar na Universidade despois de intentalo seis veces durante a serie. Dez anos despois de que a serie comezara, Kiteretsu, Miyoko e Tongari entraron a estudar nesta Universidade.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Principais[editar | editar a fonte]

  • Eichi Kite (Kiteretsu)
É un neno que constrúe os inventos que creou o seu antepasado o mestre Kiteretsu (de aí que os seus amigos o chamen normalmente así). É o primo listo de Nobita. Un dos inventos de Kiteretsu é Korosuke, un robot-samurai. Cos seus inseparables amigos (Gorila, Miyoko e Tongari) vivirá todo tipo de aventuras. Os seus maiores soños son: Coñecer o mestre Kiteretsu e casar con Miyoko.
  • Korosuke (Koro)
É o robot-samurai creado por Kiteretsu, ademais de ser o seu mellor amigo e ser considerado por el coma un irmán pequeno. Aínda que di ser un samurai, guerreiros valentes por instinto, é moi medoso e chorica. A pesar diso sempre intentará axudar aos demais en todo o que poida, e sempre que non lle dea medo.

Secundarios[editar | editar a fonte]

  • Kaoru Kumada (Gorila)
  • Miyoko Nonoka
  • Tongari Koichi
  • Benzo Karino
  • Mestre Kiteretsu

Cancións[editar | editar a fonte]

Inicio[editar | editar a fonte]

O amor é o que fai vira-lo mundo.
Mírome no espello,
e, a quen vexo?
Só a ti.
Por se non o sabes
ando namorada.
Chamo como sexa
a túa atención.
Fago estatuas sen mover
se quera un pé,
e pensas que estou tola
porque bailo sen parar
un "rock and roll",
xunta a ti.
Ti non sabes
comprender unha muller,
a este paso
nin de vella vou casar.
Kiteretsu está a voar,
sempre foi un soñador.
Ti non sabes
comprender unha muller,
a este paso
nin de vella vou casar.
Kiteretsu está a voar,
porque o que lle vai,...
é soñar.
Ti non sabes
comprender unha muller,
a este paso
nin de vella vou casar.
Kiteretsu está a voar,
sempre foi un soñador.
Ti non sabes
comprender unha muller,
a este paso
nin de vella vou casar.
Kiteretsu está a voar,
porque o que lle vai,...
é soñar.


Final[editar | editar a fonte]

Hai quen me conta,
quen me di,
que da túa cabeza
está a xurdir
a grande idea dun creador.
Non hai ninguén
coma ti.
Un xenio dos de antes,
dos de pelo gris.
Leva o teu nome,
o do teu clan.
Non o vou dubidar
se ti me dis que si.
Nos asuntos do amor,
sempre andas a velas vir.
O meu corazón
vai ó tope.
E aínda que usas lentes
nunca tes ollos pra min.
Eu bebendo os ventos,
por ti.
Ti mentres nas nubes,
sen min.
Por favor,
que alguén resolva o misterio,
ata a fin.
Bebendo os ventos,
por ti.
Ti mentres nas nubes,
sen min.
Bebendo os ventos,
por ti.
Ti mentres nas nubes,
sen min.
Por favor,
que alguén resolva o misterio,
ata a fin.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]