A Duquesa da rúa do Duque
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| A Duquesa da rúa do Duque | |
|---|---|
| Creado por | John Hawkesworth |
| Intérpretes | Gemma Jones Christopher Cazenove Victoria Plucknett John Cater John Welsh Richard Vernon |
| País de orixe | |
| Lingua(s) | Lingua inglesa |
| Número de episodios | 31 |
| Produción | |
| Localización(s) | Londres |
| Duración | 50 minutos |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | BBC |
| Tempo de emisión | 4 de setembro de 1976 – 24 de decembro de 1977 |
A Duquesa da rúa do Duque (en inglés The Duchess of Duke Street) é unha serie de televisión da BBC que transcorre no Londres de comezos do século XX (1900 a 1925) creada polo antigo produtor de Arriba e abaixo, John Hawkesworth. A serie foi proposta para un Premio Emmy en 1980. A Televisión de Galicia emitiuna en 1986.
Argumento [editar]
A serie protagonizouna Gemma Jones como Louisa Trotter, a "duquesa" que traballa como axudante de cociña nun hotel de luxo, o Bentinck Hotel, en Duke Street de Londres, e que tiña como ambición converterse nunha gran cociñeira. Esta Louisa está inspirada nunha personaxe da vida real, Rosa Lewis, coñecida como a "duquesa" de Jermyn Street e que traballou no Cavendish Hotel.