Rías Baixas (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rías Baixas
Formato Drama
Intérpretes Sonia Castelo
Antonio Mourelos
Aurora Maestre
Guillermo Cancelo
Manuel Regueiro
Ainoa Calvo
Tacho González
Belén Constenla
Avelina Vázquez
Toñito de Poi
Xan Cejudo
Pilar Pereira
País de orixe Galicia Galicia
Emisión orixinal
Canle de orixe TVG
Formato de imaxe 4:3
Ligazóns externas
Páxina web

Rías Baixas é unha serie de televisión producida por Continental TV e Zénit TV para a Televisión de Galicia, emitiuse durante seis temporadas entre o 2000 e o 2005 cun total de 191 episodios de 60 minutos de duración cada un. No ano 2002 conseguiu tres premios Chano Piñeiro, á mellor realización, mellor montaxe e mellor actriz de reparto (Finola Vázquez), ademais doutras 11 nominacións entre as que estaban ás de mellor serie ou filme de ficción, mellor actor protagonista (Tacho González) ou mellor actriz protagonista (Sonia Castelo).

Sinopse[editar | editar a fonte]

Ambientada na Comarca do Salnés, Rías Baixas conta a historia dunha poderosa saga familiar, os Lantaño.

A familia dos Lantaño, grandes e poderosos propietarios de adegas e viñedos na comarca do Salnés, está a celebrar as vodas de ouro do patriarca Don Ramón e de Dona María. A historia comeza coa chegada a Cambados de Gloria Leiro, unha muller atractiva e intelixente que vén da Arxentina convidada por Don Ramón. Gloria chega para coñecer o seu benfeitor desde que era unha nena, tras a morte de seu pai. A súa presenza, rodeada de moito misterio, destapa conflitos internos na propia familia, como o malentendido entre Diego e Gonzalo, a caótica situación matrimonial de Olalla e a vontade do patriarca don Ramón de cambiar o testamento. Todo sucede o día da celebración do aniversario, cando a tráxica e provocada morte do patriarca desencadea a loita de Gonzalo por conseguir o que considera seu, custe o que custe.

Gloria quedará en Cambados coa súa filla adoptiva e loitará por coñecer a verdade dos feitos ocorridos anos atrás e por introducirse no negocio vitícola.

A partir deste momento os negocios e paixóns, pasados escuros, ausencia de escrúpulos, amores imposibles... serán os protagonistas.

Reparto[editar | editar a fonte]

Lista de intérpretes[editar | editar a fonte]

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Hai un episodio no que Herminia (Finola Vázquez), por mor dunha febre, delira cunha realidade na que diferentes personaxes da serie, incluída ela, levan a cabo unha trama, que semella ambientada nunha época anterior da serie, coas súas personalidades intercambiadas:

Galardóns e nomeamentos (3 & 17)[editar | editar a fonte]

Premios Chano Piñeiro[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Receptor Resultado
2001 Mellor serie ou filme de ficción Zenit Multimedia, Costa Oeste e TVG Nomeada
Mellor director Jesús Segura Nomeado
Mellor interpretación masculina Tacho González Nomeado
Mellor interpretación feminina Sonia Castelo Nomeada
Mellor interpretación de reparto Finola Vázquez Gañadora
Mellor montaxe Gerardo Rodríguez Gañador
Mellor realización Luis Segura Gañador

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Receptor Resultado
2002 Mellor serie de televisión Zenit Multimedia, Costa Oeste e TVG Nomeada
Mellor actor Marcos Orsi Nomeado
Mellor actriz Belén Constenla Nomeada
Mellor montaxe Gerardo Rodríguez Nomeado
Mellor fotografía e iluminación Said Omala e Jacobo Martínez Nomeados
2003 Mellor serie de televisión Zenit Multimedia, Costa Oeste e TVG Nomeada
Mellor realizador Gerardo Rodríguez Nomeado
Mellor montaxe Sandra Sánchez Nomeada
Mellor fotografía e iluminación Jacobo Martínez Nomeado
Mellor deseño de vestiario Carmen Casal Nomeada