Dragon Ball Z
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
| Dragon Ball Z |
|||
|---|---|---|---|
| ドラゴンボールZ(ぜっと) ((Doragon Bōru Zetto)) |
|||
| Xénero | Shōnen | ||
| Anime Dragon Ball Z | |||
| Dirixido por | Daisuke Nishi | ||
| Estudio | Toei Animation | ||
| Canle televisiva | |||
|
|||
| Primeira emisión | |||
| Última emisión | |||
| Núm. de capítulos | 291 | ||
Dragon Ball Z (ドラゴンボールZ Doragon Bōru Zetto?), tamén coñecido en Galiza como Dragón Z ou As Bólas do Dragón Z, é unha serie de televisión de animación xaponesa de 291 capítulos de 25 minutos adaptada do manga de Akira Toriyama e producida polo estudio Tōei.
É a continuación do anime Dragon Ball. En Galiza o anime emitiuse na década dos anos 90 dentro do programa xuvenil Xabarín Club da Televisión de Galicia. No 2005 reemitiuse na devandita canle alengando que desta volta sería a derradeira vez.
Índice |
[editar] Argumento
Dragón Ball Z comeza cinco anos máis tarde que de Dragon Ball, despois do matrimonio de Son Gokuh e mais Chichi. Raditz, un misterioso guerreiro do espazo, chega á Terra para atopa-lo seu irmán, Son Gokuh. Foi así como é que Son Gokuh se decatou que ven sendo dun planeta de guerreiros do espazo, que foi derruído, e que só ficaron catro superviventes.
[editar] Personaxes
- Para máis información sobre os personaxes ver o artigo Lista de personaxes de Dragon Ball
[editar] Protagonistas
- É o personaxe principal da serie e o loitador máis forte do universo. Malia ser inxenuo e bondadoso, é tamén un poderoso Saiyajin (Guerreiro do espazo) que case nunca entende da maldade dos outros. Ten unha grande predilección pola loita, coma tódolos guerreiros de súa raza, especialmente cando o seu adversario é máis forte. Casou con Chichi, ten dous fillos: Son Gohan e Son Goten.
- É o primeiro fillo de Son Goku e mais Chichi. O seu nome ven polo avó adoptivo de Son Goku. Foi o primeiro cruzamento dun Saiyajin cun ser humano, o que deu como resultado un ser mais poderoso ca un Sayjajin normal . Son Gohan foi o Salvador da Terra na loita contra Célula.
- É un humano e tamén o mellor amigo de Son Goku. Cando cativo, adestrou á veira de Son Goku co Mestre Mutenroi. En Dragon Ball Z, Krilín foi de gran axuda, enfrontándose ós Saiyajins, Freezer e moitos outros. Tamén creou a técnica Kienzan e casou con C-18.
- É un Namekiano moi poderoso de liñaxe guerreira. Inicialmente inimigo de Son Goku, mais ós poucos acabase aliando a el, pasando ata a adestralo seu fillo Son Gohan, na fase seguinte, por quen comeza a ter un grande afecto.
- É o fillo do Rei Vexeta e Príncipe dos Guerreiros do espazo. O Seu planeta Natal é o Planeta Vexeta, que foi destruído por Freezer cando Vexeta aínda era un neno. Dende aquela pasou a traballar para Freezer canda o seu titor, Nappa, e mailo saiyajin, irmán de Son Goku, Raditz. Malia a súa arrogancia, máis en diante, confórmase en te-lo planeta Terra como o seu lar, cásase con Bulma e xuntos teñen dous fillos: Bra e máis Toranks.
- Este personaxe debe ser entendido como dous. O "Toranks do Futuro" vén dun futuro alternativo, para alertar sobre a ameaza dos androides, que tornaron o seu tempo un inferno. O Seu mestre de loitas foi Son Gohan, o único guerreiro vivo na súa liña temporal. O outro, é o "Toranks do Presente", un neno de 8 anos e mailo mellor amigo de Son Goten. Diferentemente de súa contra-parte, el vive unha vida calma e divertida, en virtude de que os outros guerreiros están vivos na súa liña temporal.
[editar] Secundarios
- É a mellor amiga de Son Goku e mais filla do dono da Corporación Cápsula. Ela é unha muller moi intelixente, mais se considera unha moza linda e fráxil. En Dragon Ball Z, Bulma ten maior participación na Saga de Freezer, mais, durante toda a serie, ela axuda a guerreiros coas súas invencións. Casa con Vexeta, e ten dous fillos, Toranks e mais Bra.
- Un antigo ladrón, que abandonou os crimes para se xuntar a Son Goku en Dragon Ball. Yamcha adora loitar tanto como adora as mulleres. A súa participación limítase moito debido a forza dos novos inimigos.
- Alumno de Tsuru, o rival de Mutenroi. Ten Shin Han camiñaba no camiño do mal, ata coñecer a Son Goku. El é un humano de tres ollos e o mellor amigo de Chaoz.
- É o mellor amigo de Tenshin Han, tamén discípulo do Mestre Tsuru. Seguía os mesmos pasos maléficos do seu amigo, adestrando tanto para domina-lo mundo como para matar. É un personaxe feble, que acaba non acompañando o poder de loita dos outros guerreiros; porén, as súas técnicas de auto destrución poden causar grandes danos ó opoñente.
- Foi o mestre de Son Goku, Krilín e máis Yamcha. Xubilado dende a aparición do Piccoro Daimaō, el foi o humano máis poderoso do planeta. Creou a técnica Kamehameha (onda vital), que se tornou o principal golpe de Son Goku. Malia non participar máis das loitas, os seus alumnos hónrano arestora, usando o seu uniforme de batalla xunto co símbolo.
- Kamisama "Deus"
- É o deus da Terra, e contra parte de Piccoro. É un namekiano que hai moito tempo foi mandado para a Terra, pois o seu planeta tiña problemas. Aló, el retirou de si, toda a súa maldade, que se transformou en Piccoro Daimaō. Na Saga Célula, el fusiónase con Piccoro, volvendo á súa forma orixinal.
- É un namekiano. Unha das calidades de Dende é a de poder sanda-las persoas e poder falar co dragón das sete bólas máxicas. Fai amizade con Son Gohan e mais Krilín, cando viaxan ó planeta Namek para atopa-las bólas do dragón dese planeta, mais durante eses eventos as forzas de Freezer invaden o planeta coa mesma intención, é acaba morrendo polo mesmo Freezer. Tras ser resucitado múdase co seu pobo para o novo planeta Namek, mais tórnase no sucesor de Kamisama, logo de que este se fusionase de novo con Piccoro.
- É o segundo fillo de Son Goku e mais Chi-chi e o irmán máis novo de Son Gohan. Imítaselle practicamente o pai, tanto en inocencia como no talento para a loita, Son Goten superou toda á súa familia, en termos de cando eran cativos. Gosta de trebellar co seu mellor amigo Toranks, e xuntos, pódense fusionar creando o guerreiro Songotoranks.
[editar] Antagonistas
- Foi o culpábel pola destrución do Planeta Vexeta e tamén pola exterminación dos Saiyains pois, temía que de entre eles xurdise o Lendario Súper Saiyain. Na procura as bólas máxicas de Namek, Freezer afrontase cos Guerreiros Z, mais ceiba a carraxe de Son Goku ó matar a Krilín, creando o seu peor pesadelo. Con todo, Son Goku déixao vivo e retorna na Saga de Célula, onde é morto por Toranks.
- Unha creación suprema do Doutor Guero, Célula foi creado para absorber os androides C-17 e máis C-18 e así se tornar nun ser perfecto. Célula é constituído de células dos Guerreiros Z e mais de Fricer, podendo así utiliza-lo Kamehameha. El atinxe a súa meta ó supera-lo seu nivel perfecto e consegue matar a Son Goku e mais a Toranks, mais é destruído polo Kamehameha Son Gohan.
- E un demo creado polo mago Bibidi que hai moito tempo devastou o universo, mais foi trancado nun casulo. Anos despois, o fillo de Bibidi, Babidi esperta a creación do seu pai. Boo ten aparencia fata, mais conseguiu derrota-los guerreiros e destruíla Terra. É morto por Son Goku coa Súper Genki Dama.
[editar] Dobraxe
- Estudio: CTV S.A. (Vigo)
- Tradución: Miguel Vijande
- Dirección: Antón Pazos
- Reparto da dobraxe:
| Personaxe | Actor de dobraxe |
Actor orixinal (Seiyū) |
|---|---|---|
| Narrador | Jorge Pedrosa | Jōji Yanami |
| Son Goku | Julio Lorenzo | Masako Nozawa |
| Son Goku | Antón Rubal (Subst.) | Masako Nozawa |
| Son Gohanda (Neno) | Tonia Fuentes | Masako Nozawa |
| Son Gohanda (Adulto) | Iñaki Baliño | Masako Nozawa |
| Piccoro | Coté Sansegundo | Toshio Furukawa |
| Bulma | Ana Lemos | Hiromi Tsuru |
| Krilín | Óscar Fernández | Mayumi Tanaka |
| Mestre Mutenroi | Antonio Durán | Kōhei Miyauchi |
| Chichi | Teresa Santamaría | Mayumi Shō |
| Yamcha | Alfonso Agra | Tōru Furuya |
| Oolong | Manuel Pombal | Naoki Tatsuta |
| Puar | María José Collazo | Naoko Watanabe |
| Ox (Gyumao) | Xosé Lois | Daisuke Gōri |
| Tartaruga | ? | Daisuke Gōri |
| Ten Shin Han | Antón Pazos | Hirotaka Suzuoki |
| Chaoz | Charo Martínez | Hiroko Emori |
| Karín | Bernardo Xosé | Ichirō Nagai |
| Deus | Santiago Pousa | Takeshi Aono |
| Yajirobe | Fernando Bustelo | Mayumi Tanaka |
| Tou Pai Pai | Xoán Diéguez | Chikao Ōtsuka |
| Baba a vedoira | Alicia Borrás | Junpei Takiguchi |
| Señor Popo | Paco Barreiro | Toku Nishio |
| Sr. Popo (Subst.) | Xoán Bravo | Toku Nishio |
| Presentador do Gran Torneo | Suso Pando | Kenji Utsumi |
| Son Goten (Neno) | Tonia Fuentes | Masako Nozawa |
| Son Goten (Adulto) | Norberto Vilanova | Masako Nozawa |
| Toranks do Futuro | Manuel Pombal | Takeshi Kusao |
| Toranks (Neno) | Helena Amoedo | Takeshi Kusao |
| Toranks (Adulto) | Nacho Castaño | Takeshi Kusao |
| Dr. Brief | Alfonso Agra | Jōji Yanami |
| Dr. Brief | Manuel Botana (Subst.) | Jōji Yanami |
| Dr. Brief | Bernardo Xosé (Subst.) | Jōji Yanami |
| Nai de Bulma | Beatriz García | Mariko Mukai |
| Nai de Bulma | Isabel Aguilera (Subst.) | Mariko Mukai |
| Raditz | Manuel Pombal | Shigeru Chiba |
| Nappa | Xoán Diéguez | Shōzō Iizuka |
| Xuíz Yama | Xosé Lois | Daisuke Gōri |
| Bora | Xoán Diéguez | Banjō Ginga |
| Upa | Nacho Castaño | Mitsuko Horie |
| Rei Kaio do Norte | Xosé Ramón Lojo | Jōji Yanami |
| Dragón Shenron | Paco Barreiro | Kenji Utsumi |
| Kui | Martín Mendizábal | Kōji Totani |
| Freezer | Gonzalo Faílde | Ryūsei Nakao |
| Zarbon | Iñaki Baliño | Shō Hayami |
| Dodoria | Xoán Bravo | Yukitoshi Hori |
| Moori | Xosé Ramón Lojo | Kinpei Azusa |
| Dende | Helena Amoedo | Tomiko Suzuki |
| Nail | Suso Pando | Katsuji Mori |
| Gran Gurú | Manuel Botana | Junpei Takiguchi |
| Capitán Ginyu | Paco Barreiro | Hideyuki Hori |
| Jeice | ? | Kazumi Tanaka |
| Burter | Santiago Pousa | Yukimasa Kishino |
| Recoome | Xoán Diéguez | Kenji Utsumi |
| Guldo | Martín Mendizábal | Kōzō Shioya |
| Rei Vexeta | Xoán Bravo | Banjō Ginga |
| Bardock | Julio Lorenzo | Masako Nozawa |
| Maron | Beatriz García | Yūko Kobayashi |
| Garlic .Jr | Martín Mendizábal | Shigeru Chiba |
| Rei Cold | Carlos Reborada | Daisuke Gōri |
| C-20 (Dr. Gero) | ? | Kōji Yada |
| C-19 | Santiago Pousa | Yukitoshi Hori |
| C-17 | Miguel Vijande | Shigeru Nakahara |
| C-18 | Isabel Vallejo | Miki Itō |
| C-18 | Mara (Subst.) | Miki Itō |
| C-16 | Carlos Reboreda | Hikaru Midorikawa |
| C-16 | Fernando Bustelo (Subst.) | Hikaru Midorikawa |
| Célula | Manuel Botana | Norio Wakamoto |
| Señor Satán | Santiago Pousa | Daisuke Gōri |
| Paikuhan | Xesús Iglesias | Hikaru Midorikawa |
| Videl | Montse Davila | Yūko Minaguchi |
| Kaio Shin (Deus Neptuno) | ? | Yūji Mitsuya |
| Kibito | ? | Shin Aomori |
| Babidi | Alfonso Agra | Jōji Yanami |
| Dabra | ? | Ryūzaburō Ōtomo |
| Pui pui | Fernando Bustelo | Tomohisa Asō |
| Buu gordo | Xoán Carballido | Kōzō Shioya |
| Buu | Xoán Diéguez | Kōzō Shioya |
| Antigo Rei Kaioh Shin | Miguel López Varela | Reizō Nomoto |
| Oob | Alicia Taboada | Megumi Urawa |
- Outros
- ▪ Mingos
- ▪ Aurora Maestre
- ▪ Xerome Calero
[editar] Episodios
- Artigo principal: Lista de episodios de Dragon Ball#Dragon Ball Z.
[editar] Filmes, Especiais TV e OVAs
[editar] Filmes
- A ameaza da zona escura (1989)
- O máis forte do mundo (1990)
- Superbatalla na Terra (1990)
- Son Goku superguerreiro (1991)
- Os adversarios máis fortes (1991)
- Combate contra cen millóns de poderosos guerreiros (1992)
- Os tres grandes superguerreiros (1992)
- Estala o duelo (1993)
- O superheroe da galaxia (1993)
- O regreso de Broly (1994)
- O combate definitivo (1994)
- Fusión (1995)
- O ataque do dragón (1995)
[editar] Especiais TV
- O pai de Goku (1990)
- Un futuro diferente (1993)
[editar] OVAs
- Dragon Ball Z Gaiden (1993)
- O regreso de Son Goku e os seus amigos (2008)
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Páxina oficial (en xaponés)