Air Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Galicia (homónimos).
Air Galicia
Formato Comedia
Intérpretes Manuel Manquiña, Antonio Durán "Morris", Evaristo Calvo, Patricia Vázquez, Isabel Risco, "Isi", Federico Pérez, Marcos Pereiro, Xosé Manuel Olveira "Pico", Marián Bañobre, Marcos Correa
País de orixe Galiza
Emisión orixinal
Canle de orixe TVG

Air Galicia é un programa de humor da TVG.

Índice

[editar] Sinopse

Cincuenta minutos de humor en que se inclúen unha miniserie titulada "Lopo" que ten lugar na Compostela de principios do século XII, cando o arcebispo Diego Xelmírez estaba a construír a catedral de Santiago e nacía o Camiño como ruta de peregrinación. Ademais, o programa conta cunha sección dedicada especialmente aos líderes políticos. Diferentes personaxes do programa visitan virtualmente o Parlamento de Galicia para interrogar os deputados sobre os temas máis delirantes.

Air Galicia é un espazo que pretende, en palabras dos seus creadores, "rirse dunha maneira de ser, a nosa". Unha serie de sketch curtos intentan reflectir de maneira irónica a relación que os galegos mantemos con diferentes temas, desde os deportes ata o Camiño de Santiago, desde as vacacións á política e así con distintas actitudes fronte á vida. Air Galicia é un programa de humor en que ten cabida a crítica social, a parodia televisiva e o humor político, sen renunciar a certas doses de surrealismo e transgresión. Aínda que de temática diferente, todos os programas incluirán aparicións de personaxes recorrentes: un avogado con poucos escrúpulos, uns rapaces de barrio periférico, un camioneiro, o persoal dunha clínica sanitaria, unha parella particular de construtores e a aparición estelar de catro tiranos mortos: Hitler, Mussolini, Stalin e Pol Pot, que participarán en parodias de programas históricos da televisión mundial.

[editar] Intérpretes regulares

[editar] Intérpretes ocasionais

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas