Hattori o ninja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
書.svg Esta páxina contén texto en xaponés.
Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños.
Hattori o Ninja
忍者ハットリくん
(Ninja Hattori kun)
Anime Hattori o Ninja
Dirixido por Fumio Ikeno, Hiroshi Sasagawa
Estudio Shin-Ei Animation
Canle televisiva TV Asahi
Primeira emisión 28 de setembro do 1981
Última emisión 25 de decembro do 1987
Núm. de capítulos 694

Hattori o Ninja (忍者ハットリくん, Ninja Hattori-kun) é un manga creado polo mangaka xaponés Fujiko Fujio Ⓐ, e un anime xaponés creado por Takashi Miyano. O anime consta de 190 capítulos que constitúen unha soa temporada. A serie conta as aventuras do ninja Kanzō Hattori, xunto co seu irmán Shinzō, a mascota deste, Shishimaru, e Ken'ichi. Foi dirixido por Takashi Miyano, do estudo de Asatsu e Kodomo. Hattori o Ninja é unha serie que non ten manga, tan só anime.

En Galiza o anime foi emitido na TVG no contedor Xabarín Club na década dos 90. O 1 de marzo do 2010 a G2 comezou a emitir o anime de luns a venres pola mañá e mais polo serán.

Sobre a serie[editar | editar a fonte]

A serie trata dun ninja, Hattori, que ven de Némisis (Ega), á cidade onde vive Kenichi, un rapaz que non confiaba en si mesmo. Hattori elixe a Kenichi para ser o seu amo. Na serie interveñen tamén Shinzo, o seu irmán, e Shishimaru, o seu can ninja, que teñen habilidades de ninja. Igualmente intervén Kemumaki, un ninja de Koga, outro pobo, que sempre loita con Hattori e se mete con Kenichi, Shinzo e Shishimaru.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Kanzo Hattori: É o protagonista da serie. É un ninja da aldea de Ega. Vive na casa dos pais de Kenichi e sempre está disposto a botar unha man a quen sexa. Ten os ollos grandes e sempre está alegre. Ten un irmán pequeno chamado Shinzo e un can ninja chamado Shishimaru. Domina gran cantidade de técnicas ninja, das que destacan: A técnica ninja da sombra, O papaventos ninja ou a da transformación ninja, na que pode converterse en calquera persoa e que utiliza para enganar sempre a Kemumaki... O seu punto débil son as ras as que lle ten pánico. Víste con un traxe ninja de cor azul que leva capucha e sempre vai remangado, debaixo do traxe leva un xersei amarelo a raias, cinto vermello e unhas sandalias, tamén utiliza un taparabos vermello e ten unha espada ninja para defensa persoal, a que lle da outras utilidades.
  • Kenichi Mitsuba: É un rapaz que carecía de confianza en si mesmo e facía todo mal ata que coñeceu a Hattori. Está namorado de Yumeko, pero Kemumaki sempre trata de facelo quedar mal diante dela. Usa lentes. Viste cunha gorra branca que leva a letra K do seu nome, unha camiseta azul, con raias de cores e pantalón curto e cor verde escura.
  • Shinzo Hattori: É o irmán pequeno de Hattori e o mellor amigo de Shishimaru e Kenichi. O seu choro e tan potente que non hai ninguén no mundo que o poida aturar, poderiase considerar a súa mellor técnica ninja. Sempre ten curiosidade e non para de preguntar. Aínda non sabe controlar moi ben as súas técnicas ninja e cada vez que as emprega fracasa, por iso no canto de empregar shurikens de ferro os emprega de madeira, tamén ten espada. Viste con traxe ninja, igual ao de Hattori e Kemumaki so que é de cor vermella, tirando a rosa. O cinto é branco. Leva as mangas remangadas para riba como Hattori e viste xersei igual co de hattori pero de cor azul claro e tamén leva sandalias.
  • Shishimaru: É un can ninja, o mellor amigo de Shinzo, segueo a todas partes. Non é nada bo nas habilidades e técnicas ninja. É moi larpeiro, cousa que en máis dunha ocasión acarreoulle varios problemas entre outros indixestións ou obesidade e tivo que poñerse a réxime. Pensa máis en comer que en adestrarse. Quédalle moito por aprender para ser un bo can ninja.
  • Yumeko Kawai: É a mellor amiga de Kenichi e os demais. Esta máis tempo con Kemumaki, cousa que Kenichi non soporta. Vai á mesma escola que Kenichi e Kemumaki. Ás veces pasa o tempo con Shishimaru e Shinzo. Lévase moi ben con Tsubame. Viste cun vestido curto de cor rosa, é morena e ten o pelo curto. Ten tamén como mascota a un papagaio chamado Machahiko.
  • Tsubame: É unha ninja, aprendiz de Hattori, do cal está namorada. Coa súa frauta pode cambiar os sentimentos dos demais. Non se leva ben con Shinzo, Kenichi e Shishimaru. É moi traballadora. Viste cun traxe ninja curto de cor rosa, leva muñequeiras e tobilleiras de cor lila, tamén leva sandalias e ten unha flor amarela no cabelo.
  • Kemuzo Kemumaki: É un ninja de Koga, rival de Hattori. Vai á mesma escola que Kenichi e Yumeko, da que está namorado. Ten un gato chamado Kagechiyo. Kemumaki sempre reta a Hattori a loitar con el, pero sempre é vencido. Ante Yumeko e os demais viste con chaqueta azul escura con 3 botons amarelos e pantalóns azuis máis claros que a cor da chaqueta, pero cando está en presencia de Hattori, Shinzo ou Kenichi, non ten reparos en vestirse co seu traxe ninja que é igual ca o de Hattori e Shinzo, so que este non leva capucha. É de cor verde e tamén o leva remangado, coas mangas para riba. O xersei tamén é igual ao de Hattori e Shinzo so que o del é de cor vermella. Tamén usa sandalias e un taparabos de cor verde.
  • Kagechiyo: É o gato de Kemumaki e rival de Shishimaru. Cando Kemumaki e Kenichi están na escola vai a casa de Hattori a espiar. É de cor negro e leva un lazo vermello.
  • Koike: É o profesor de Kenichi, Kemumaki e Yumeko. Sempre rifa e castiga a Kenichi por culpa de Kemumaki, que o deixa sempre mal ante Yumeko, á que quere.
  • Aiko: É a profesora de música. O profesor Koike está namorado dela, xa que é moi guapa.
  • Togeshiro: Aparece na derradeira tempada. É un cactus ninja, di constantemente a frase "¡Toge,toge!" e o seu ataque consiste en lanzar os seus pinchos.

Dobraxe[editar | editar a fonte]

Personaxe Voz galega Voz orixinal
Hattori Luz Tellería Junko Hori
Kenichi Ana A. Masako Sugaya
Nai de Kenichi Montse Davila (1º cap.)
Alicia Taboada (resto)
Yuri Nishiwa
Pai de Kenichi Paco Campos Yuzuru Fujimoto
Shinzo  ? Yūko Mita
Shishimaru  ? Kenichi Ogata
Yumeko  ? (1º cap.)
 ? (resto)
Runa Akiyama
Kemumaki Xulia Diz Kaneta Kimotsuki
Kagechiyo Matías Brea Eiko Yamada
Tsubane Marina Sánchez de la Peña Fuyumi Shiraishi
Profesor Antón Rubal Issei Futamata

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]