¿Imos aló?
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| ¿Imos aló? | |
|---|---|
| Producido por | Vídeo Voz TV |
| Día(s) de emisión | luns a venres |
| Horario de emisión | 18:30 (repetido despois da primeira semana ás 12:50) |
| Cadea | TVG |
| Día da estrea | 3 de abril de 1989 |
¿Imos aló? foi un programa da Televisión de Galicia concibido como un curso de lingua galega que se emitiu en 1989 e 1990.
Desenvolvemento [editar]
Para a realización do programa a Televisión de Galicia, en colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, convocou un concurso de proxectos para a emisión dun curso de galego no que saiu gañador o presentado por Vídeo Voz TV con guión de Siro López e dirixido por Luis Álvarez Pousa. Neste curso varios profesores achegan por medio de monicreques (Antía, Xurxo, Leonardo e don Severo), deseñados por Siro López, leccións para a aprendizaxe da lingua aos telespectadores. En 1990 realizouse unha segunda parte do concurso.