Cantón de Glarus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cantón de Glarus
Kanton Glarus
Bandeira de Glarus Escudo de Glarus
Bandeira Escudo
 
Switzerland Locator Map GL.svg
 
Estado Suíza Suíza
Capital
 • Poboación
Glarus
5.872 (2007)
Linguas
 • Oficiais
Alemán
Alemán
Estatus
 • Presidente
Cantón
n/d
Ingreso
1352
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 23º
685 km²
n/d
n/d km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 23º
38.034
56 hab./km²
Xentilicio
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+2
Dominio de Internet .ch
Código ISO CH-GL
Kanton Glarus
Subdivisións de Suíza


Glarus é un cantón de Suíza, a súa capital é Glarus. A superfie do cantón é de 685 km² e a poboación de 38.500 habitantes. A lingua oficial é o alemán e hai unha minoría do 6.8% de lingua italiana. O 42% da poboación é protestante e o 37% católica.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa do Cantón de Glarus.

O cantón limita ao norte e ao leste co cantón de San Galo, ao sur cos Grisóns, e ao oeste cos cantóns de Uri e Schwyz.

O cantón de Glarus está dominado polo profundo val do río Linth. Gran parte do seu territorio é montañoso. O punto máis alto do cantón é o pico Tödi, con 3.614 m, situado nos Alpes Glaroneses. No norte do cantón está o lago de Walen (Walensee), que fai de fronteira co cantón de San Galo. A superficie do cantón de Glarus é de 685 km², dos cales preto da metade son considerados produtivos. A silvicultura é un sector importante da economía cantonal.

Historia[editar | editar a fonte]

Os habitantes do val do Linth foron convertidos ao cristianismo no século VII polo misioneiro irlandés San Fridolino, quen fundou o convento de Säckingen, preto de Basilea. A partir do século IX a zona arredor de Glarus pertencía ao convento. En 1288, os Habsburgo reclamaron parte dos dereitos do convento, o que provocou en 1352 a unión de Glarus á Confederación Helvética.

Entre 1506 e 1516 o reformador Ulrico Zuinglio foi pastor de Glarus, aínda que non puido pór fin ás desputas entre católicos e protestantes, e en 1564 todos os seus seguidores foran eliminados. Para asegurar a paz, en 1623 cada partido tiña dereito a ter cadansúa Landsgemeinde. Entre 1798 e 1803, durante a República Helvética imposta por Napoleón, Glarus pasou a formar parte do extinto cantón Linth. En 1836 a constitución foi adaptada para unir as asembleas e así poder establecer unha soa Landsgemeinde.

Economía[editar | editar a fonte]

A xeografía do cantón axudou a fundar moitas tellerías no século XVII. Tamén as montañas circundantes foron unha vantaxe para a industrialización. A industria de filamentos de algodón foi moi importante no século XVIII.

O elevamento bovino de produción casera non foi substituído coa industrialización, sendo aínda o pastoreo na montaña unha actividade importante.

Comunas[editar | editar a fonte]

Desde xullo de 2006 o cantón de Glarus está composto por vinte e cinco comunas:

Betschwanden, Bilten, Braunwald, Elm, Engi, Ennenda, Filzbach, Glaris, Haslen, Linthal, Luchsingen, Matt, Mitlödi, Mollis, Mühlehorn, Näfels, Netstal, Niederurnen, Oberurnen, Obstalden, Riedern, Rüti, Schwanden, Schwändi e Sool.