Lago Léman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo Chillon, no lago Léman

O lago Léman é un lago situado na fronteira entre Francia e Suíza; ás veces é denominado lago de Xenebra. Está atravesado de leste a oeste polo Ródano. Este é o lago máis grande de Europa occidental, cos seu 72 km de longo e os seus 582,4 km² de superficie (234 km² en Francia, 348,4 km² en Suíza. A súa costa ten 372 m e a súa profundidade máxima acada os 309,7 m (cota +62,3 m, entre Lausana e Évian). A súa lonxitude máxima é de 13 km, e o seu volume 89 km3. É o segundo maior lago da Europa, o primeiro é o lago Balaton (na Hungría).

A súa extremidade occidental, próxima a Xenebra, denomínase Petit-Lac (Pequeno Lago) en oposición ao Haut-Lac (Lago alto), moito máis longo.

Alén da Alta Savoia, tres cantóns suízos teñen costa no Léman: os cantóns de cantón de Xenebra, de Vaud e do Valais. Está sobre todo bordeado polos seguintes concellos: Xenebra, Versoix, Nyon, Gland, Rolle, Morges, Lausana, Vevey, Montreux, Villeneuve, Évian e Thonon-les-Bains. As localidades principais que o bordean están unidas por viaxes regulares en barco servidas pola Compañía Xeral de Navegación (Compagnie générale de navigation (CGN)).

Cada ano, unha importante competición de vela ten lugar no lago: le Bol d'Or.

Nome[editar | editar a fonte]

O primeiro rexistro coñecido do nome do lago é Lacus Lemannus, na época do Imperio romano; tornouse Lacus Lausonius, Lacus Losanetes e entón Lac de Lausanne na Idade Media. Coa crecente importancia de Xenebra, tornouse Lac de Genève (lago de Xenebra). No século XVIII, o nome Lac Léman foi revigorado en francés. É usualmente chamado de Lac de Genève en Xenebra e Lac Léman noutros lugares. Alguns mapas denomínano Lac d'Ouchy (do nome do porto localizado próximo de Lausanne).

Nota de pronuncia (no Alfabeto fonético internacional) —

Inglés: Lake Geneva /leɪk dʒə'ni:və/
Francés: Lac Léman /lak le'mɑ̃/ or Lac de Genève /lak də ʒe'nɛv/
Alemán: Genfersee /'gɛnfərˌze:/
Italiano: Lago di Ginevra /'lago di dʒi'nevra/.


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]