Unión Democrática do Centro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Democrática do Centro
Logo
AcrónimoSVP, UDC, UDC, PPS e SVP/UDC
Tipopartido político
Ideoloxíaconservadorismo nacionalista, populismo de direita, Euroescepticismo, liberalismo económico, agrarianismo, oposição a imigração e não-ntervencionismo
Data de fundación22 de setembro de 1971
Fundador(es)Christoph Blocher
Presidente/aMarco Chiesa (pt) Traducir (2020-) Editar o valor em Wikidata
Organización subsidiariasen etiquetar
SedeBerna
PaísSuíza
Na rede
https://www.svp.ch, https://www.udc.ch e https://it.udc.ch
Facebook: udcticino Twitter: SVPch Instagram: udcticino LinkedIn: svp-schweiz Youtube: UCtOEFtmUrALape8MlYPMSYg TikTok: svpch Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Unión Democrática do Centro[1] ou UDC, tamén coñecida como Partido Popular, é un partido político suízo da dereita conservadora. Posiciónase como o partido de "extrema dereita" no medio do goberno suízo. É o partido con maior número de conselleiros nacionais, con algo máis dun cuarto dos escanos. O partido é presidido desde o 1 de marzo de 2008 por Toni Brunner. Actualmente non se atopa representado no executivo suízo.

Historia[editar | editar a fonte]

A UDC naceu o 22 de setembro de 1971 a partir da fusión do Partido de paisanos (campesiños), artesáns e burgueses (PAB) (fundado en Zúric en 1917 baixo o nome de Partido dos Paisanos, renomeado en 1937 trala constitución dun partido nacional a partir das seccións de Zúric e Berna e de dous partidos democráticos de Suíza alemá (Glarus e o Grisóns); grazas a esta filiación, a UDC foi e é en ocasións aínda chamada partido agrario.

O partido participa no goberno dende 1929, primeiro baixo o nome de PAB, e logo como UDC. O partido empezou a reforzarse dende principios dos anos 1990 baixo o pulo de Christoph Blocher que afirma querer facer do UDC unha forza reactiva. A súa vitoria en 1992 contra a adhesión de Suíza ao Espazo Económico Europeo, un referendo cunha marxe de participación excepcionalmente elevado, marcou a política suíza.

A UDC desenvólvese en detrimento dos partidos tradicionais de dereita como o PRD, a formación máis antiga da Suíza moderna, e do PDC. O partido obtivo 11,1% de votos en 1991, 15% en 1995, 22,5% en 1999, 26,6% en 2003 e 29% en 2007, o que demostra a unha clara progresión. Segundo unha enquisa institucional feita ante preto de 20.000 mozos e feita pública en outubro de 2003 baixo o título de Isola elvetica (Illa helvética), os electores da UDC son principalmente persoas sen formación profesional e que dispoñen de baixos ingresos[2].

Ata principios dos anos 2000, a UDC desenvolveuse case que unicamente nos cantóns de fala alemá. A á campesiña existente en Romandía seguía estable. A partir das eleccións nacionais de 2003, a UDC veu progresando fortemente en Romandía e no resto do país.

O 10 de decembro de 2003, o seu líder e presidente Christoph Blocher foi elixido no lugar de Ruth Metzler-Arnold do Partido Demócrata Cristián, co que obtivo un escano no Consello Federal (executivo suízo) dende o 1 de xaneiro de 2004, onde ocupou o posto de xefe do Departamento Federal de Xustiza e Policía. Entón a UDC dispuña de dous escanos no Consello Federal xunto co de Samuel Schmid.

As eleccións federais de 2007 fixeron que o partido centrase a súa campaña ao redor do seu conselleiro federal controvertido (Christoph Blocher). A UDC gaña sete escanos no Consello Nacional (onde ten 62 escanos de 200), con 29% de votos, un resultado xamais obtido por un partido suízo dende os radicais en 1920. Con todo perde un escano no Consello dos Estados. Durante esta elección, Ueli Maurer, entón presidente do partido e un dos representantes da á zuriquense (el mesmo é de Zúric), falla a súa entrada ao Consello dos Estados; conserva con todo facilmente o seu escano no Consello Nacional. Inclínase ante a verde liberal Verena Diener[3].

Trala elección do Consello Federal, o 12 de decembro, a UDC dos Grisones Eveline Widmer-Schlumpf, que non era candidata para este posto, é elixida en lugar de Christoph Blocher, grazas a unha alianza entre o PSS, Os Verdes e o PDC[4]. O 13 de decembro, Eveline Widmer-Schlumpf confirma que tomará o escano de Christoph Blocher. Desde entón a á parlamentaria da UDC exclúe das súas rangos aos seus dous conselleiros federais, xa que os dous fan parte da liña moderada do partido, polo que este non se atoparía ben representado no executivo. O partido anuncia ao mesmo tempo que suscita entrar nunha estratexia de política de oposición a nivel federal.

O 2 de xuño de 2008 a dirección decide excluír a sección grisoa do partido, trala negativa da sección cantonal de expulsar a Eveline Widmer-Schlumpf do partido.[5]

Os "orfos" da sección grisoa deciden entón formar un novo partido: Partido Burgués Democrático, o cal acollerá cinco días máis tarde aos disidentes berneses e glaroneses. Desde entón o partido atópase sen representación directa no Consello Federal, aínda que a situación debería cambiar co retiro de Samuel Schmid e a elección da súa reemprazante.

Posicionamiento político[editar | editar a fonte]

A UDC ten un á máis ben conservadora da que fan parte os dous conselleiros federais (Samuel Schmid e Evile Widmer-Schlumpf), e un á nacionalista, antigamente representada por Christoph Blocher. A á conservadora, tamén chamada "á campesiña", está en estagnación. O á nacionalista, tamén chamada "á zuriquense" (á de Zúric), xa que Christoph Blocher e Ueli Maurer fan parte desta e os dous son orixinarios do cantón de Zúric. Esta á captura a maior parte do debate político e tende a suplantar a outra á. A UDC é frecuentemente cualificada polos seus adversarios e algúns xornalistas de xenófoba.]].[6][7]

A UDC é tamén cualificada como partido de extrema dereita, esencialmente na parte de Suíza romanda e no estranxeiro polos partidos de esquerda e unha pequena parte da prensa, sindicatos, asociacións antirracistas,Exemplos: o sitio web da campaña da JS Suisse: [4]; un artigo do diario Le Courrier: [5]

Entre os temas mais evocados pola UDC atópase: a inmigración, a independencia nacional e a redución do peso do Estado. Concernente á inmigración, a UDC loita particularmente para endurecer as condicións de obtención do asilo político: rexeitamento de demandas máis eficaz, limitación das axudas sociais, ampliación das medidas administrativas etc. Son algunhas destas posicións que fan que o partido sexa tratado de xenófobo.

Os seus métodos de campaña, nas que varios carteis mostraban varias ovellas brancas rexeitando unha ovella negra, valéronlle acusacións de racismo. Entre outras cousas, o ministerio público do cantón do Valés pediu ao xuíz cantonal que abrise un proceso por incitación ao odio racial contra a UDC Valais, que publicou un cartel que poñía o slogan "Utilisez vos têtes!" (Utilizade a vosa cabeza!), mentres que ao fondo se podía apreciar unha multitude de musulmáns inclinados diante do Palacio Federal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nas catro linguas nacionais suizas, o partido é chamado, en alemán Schweizerische Volkspartei (SVP), en francés Union Démocratique du Centre (UDC), en italiano Unione Democrática del Centro (UDC), e en romanche Partida Populara Svizra (PPS).
  2. ch-x : home : news[Ligazón morta]
  3. "Fédérales 07/ZH: Verena Diener elixida nos Estados - Ueli Maurer derrotado". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 18 de setembro de 2009. 
  4. "24 Heures - Suisse - HISTORIQUE - A cachetada para Christoph Blocher". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2014. Consultado o 18 de setembro de 2009. 
  5. swissinfo.ch (ed.). "Fisura no horizonte da UDC". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 20 de novembro de 2008. 
  6. The Independent, citado por L'Hebdo do 13 de setembro de 2007, p. 20; Le Temps ([1] Arquivado 06 de decembro de 2007 en Wayback Machine.); [2]
  7. Le Monde diplomatique ([3])