Unión Europea de Radiodifusión
A Unión Europea de Radiodifusión, EBU-UER (en inglés: European Broadcasting Union e en francés: Union européenne de radio-télévision) é unha confederación de 75 empresas de radiotelevisión de 56 países, e 43 empresas asociadas doutros 25. Non ten relación ningunha coa Unión Europea. Os membros son empresas de radio e televisión, moitas das cales son públicas ou privadas de emisión pública. Os membros activos son na súa maioría europeos aínda que tamén os hai do norte de África ou Asia. Os membros asociados non están limitados á zona europea-mediterránea se non que inclúen empresas de Canadá, Xapón, México, India e Hong Kong, así coma moitos outros máis.
Índice |
Historia [editar]
A Unión Europea de Radiodifusión, foi creada o 12 de febreiro de 1950 por 23 organizacións de radio-televisión de Europa e o Mediterráneo nunha conferencia que tivo lugar en Torquay, Devon, Inglaterra. No ano 1993, a Organización Internacional de Radio e Televisión (OIRT), unha organización equivalente dos países do centro e este de Europa, fusionouse coa UER.
Producións [editar]
A UER é a encargada de organizar mediante o Eurovision Network o Festival de Eurovisión. Así mesmo o Eurovision Network organiza o Eurovision Dance Contest e o Junior Eurovision Song Contest. Os membros da UER tamén traballan xuntos para crear documentais e series animadas para nenos.
Eventos retrasmitidos [editar]
A maior parte dos membros da UER teñen un acordo para retransmitir os Xogos Olímpicos[1] e a FIFA World Cup (en particular, os partidos dos seus países e a final). Outro evento importante que é retrasmitido por toda Europa e o Concerto de Aninovo de Viena.
Te Deum [editar]
Antes da retransmisión dun evento por parte da UER, é retransmitido o Preludio do Te Deum de Marc-Antoine Charpentier. Ésta peza é especialmente coñecida nos países nos que se retransmite o Festival de Eurovisión. (click [1] para escoitar).
Membros [editar]
Membros Activos [editar]
A UER conta con 78 membros activos dentro de Europa, o norte de África e Oriente Próximo.
En 2011 a Ràdio i Televisió d'Andorra decidíu deixar a Unión Europea de Radiodifusión.
Membros Asociados [editar]
Os membros asociados a UER son aqueles organismos audiovisuais de carácter nacional que teñen a súa actividade en países fóra da influencia europea. Os membros asociados non teñen acceso a rede de eurocisión nin as súas actividades e deben renovar o seu posto cada cinco anos.[2]
Notas [editar]
- ↑ "Live Broadcasts Finally Okayed". Variety Asia Online. 10 July 2008. http://www.varietyasiaonline.com/content/view/6444/1/. Consultado o 2008-07-10.
- ↑ Listado oficial de miembros asociados de la UER http://www.ebu.ch/en/ebu_members/associates/index.php
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina Oficial (en inglés)