Köniz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Köniz
Escudo de Köniz Situación de Köniz en Suíza
Situación
Fotografía de Köniz
País Suíza Suíza
Cantón Bandeira de Berna Berna
Distrito Berna-Mittelland
Nome
Nome oficial Köniz
Francés Köniz
Italiano Köniz
Romanche Köniz
Xeografía
Superficie 51,20
Altitude
 • Máxima
 • Mínima
572 m

Poboación
Poboación 38.261 (2010)
Densidade 747 hab/km2
Lingua Alemán.
Información
Código postal 3098
Alcalde Luc Mentha (SPS)
Sitio na web www.koeniz.ch

Köniz é unha cidade suíza pertencente ao cantón de Berna, moi próxima á capital do país. Conta con 38.261 habitantes e é a duodécima cidade da confederación en canto a poboación.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Köniz está situada na Mittelland, a meseta suíza, e por ela transcorre o principal río do país, o Aar. Limita ao norte coa cidade de Berna, ao leste con Muri bei Bern, Kehrsatz e Wald, ao sur con Oberbalm e Schwarzenburg e ao oeste con Ueberstorf e Neuenegg.

Historia e cultura[editar | editar a fonte]

A zona na que se ubica a cidade leva habitada dende a Idade do Bronce. A igrexa de San Pedro e San Pablo foi erguida cara ao 1100, sen que haxa vestixios arqueolóxicos de que houbese outra construción relixiosa previa na súa actual localización. Existía un mosteiro agostiño á beira da igrexa que foi doado á Orde Teutónica polo emperador Henrique VII do Sacro Imperio Romano Xermánico, quen estableceu unha commendamm, perdurando, con algunhas excepcións, ata o século XVIII, cando foi vendida a Berna.

O concello de Köniz, na súa actual forma, botou a andar en 1846.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Köniz

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Listaxe Cidade Cantón Pob. Listaxe Cidade Cantón Listaxe
Pano-Zurich-CityScape-FromGrossMunster-RiverSide.jpg
Zúric
Geneve 2005 001 Ork.ch.jpg
Xenebra
Panorama basel.jpg
Basilea
1 Zúric Zúric 372.047 11 Thun Berna 42.330
2 Xenebra Xenebra 191.415 12 Köniz Berna 38.793
3 Basilea Basilea-Cidade 169.019 13 La Chaux-de-Fonds Neuchâtel 37.523
4 Lausana Vaud 133.280 14 Schaffhausen Schaffhausen 34.587
5 Berna Berna 123.466 14 Friburgo Friburgo 34.490
6 Winterthur Zúric 101.203 16 Vernier Xenebra 33.517
7 San Galo San Galo 72.642 17 Coira Grisóns 33.377
8 Lucerna Lucerna 59.509 18 Neuchâtel Neuchâtel 32.770
9 Lugano Tesino 55.060 19 Uster Zúric 32.285
10 Biel/Bienne Berna 50.455 20 Sion Valais 29.718
Censo 2010

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]