Cantón de San Galo
| Cantón de San Galo Kanton Sankt Gallen |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O cantón de San Galo (en alemán: Sankt Gallen, francés Saint-Gall, italiano San Gallo, romanche: Sogn Gagl) é un cantón suízo. Atópase no nordeste de Suíza, ten unha superficie de 2.026 km.
Índice |
[editar] Xeografía
O cantón está situado no nordeste de Suíza, limita ao norte co Lago Constanza (Bodensee). Ao leste áchase o val do Rin. Á beira contrario deste atópanse Austria e Liechtenstein. Ao sur limita cos cantóns de Grisóns, Glaris e Schwyz. Ao oeste áchase o cantón de Zúric e ao norte o cantón de Turgovia.
Os dous cantóns de Appenzell Interior e Appenzell Exterior están rodeados completamente polo territorio do cantón de San Galo.
[editar] Historia
O cantón de San Galo está constituído polos territorios adquiridos pola Abadía de San Galo co pasar dos séculos. Formou parte do cantón de Säntis durante a época da República Helvética. Isto só foi posible logo de haber secularizado a Abadía en 1798. En 1803 a rexión uniuse á Confederación Suíza como cantón de Sankt Gallen. A constitución cantonal foi introducida en 1890.
[editar] Economía
A actividade agrícola consiste basicamente na cría de gando e a produción de queixos na área da montaña. Na planicie predomina a produción de froitas e viños, aínda que existe tamén a gandería.
A industria cantonal comprende: óptica, pirotécnica, química e farmacéutica. O turismo desempeña un papel importante en moitos lugares vacacionais, como as fontes termais de Bad Ragaz e un gran número de estacións de inverno.
Ingresos (en millóns de CHF): 18 347 fr
[editar] Distritos
O cantón estaba subdividido en quince distritos, pero a partir de xaneiro de 2003 repartiuse en oito circunscricións electorais:
- Rheintal (corresponde á fusión dos distritos de Oberrheintal e Unterrheintal)
- Rorschach (corresponde ao distrito de Rorschach)
- distrito de San Galo (corresponde á fusión dos distritos de Sankt Gallen e Gossau)
- Sarganserland (corresponde ao distrito de Sargans)
- See-Gaster (corresponde aos distritos de See e Gaster)
- Toggenburg (corresponde aos distritos de Untertoggenburg, Alttoggenburg, Obertoggenburg e Neutoggenburg)
- Werdenberg (corresponde ao distrito de Werdenberg)
- Wil (corresponde aos distritos de Wil e Untertoggenburg)
[editar] Cidades
Cidades do cantón (con máis de 10.000 habitantes):
- Sankt Gallen (70.000)
- Jona (17.061)
- Gossau (16.941)
- Wil (16.443)
- Uzwil (11.997)
- Altstätten (10.372)
- Buchs (10.255)
|
|||||||||