Argovia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Argovia
Aargau
Bandeira de Argovia Escudo de Argovia
Bandeira Escudo
 
Switzerland Locator Map AG.svg
 
Estado Suíza Suíza
Capital
 • Poboación
Aarau
15.904 (2008)
Cidade principal Wettingen
Linguas
 • Oficiais
Alemán
Alemán
Estatus
 • Presidente
Cantón
n/d
Ingreso
1803
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 10º
1.404 km²
n/d
n/d km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 4º
581.562
413 hab./km²
Xentilicio
Fuso horario
 • en verán
UTC+1
UTC+2
Dominio de Internet .ch
Código ISO CH-AG
Kanton Aargau
Subdivisións de Suíza

Argovia (en alemán: Aargau, en francés: Argovie, en italiano: Argovia, en romanche: Argovia) é un cantón de Suíza, localizado no norte do país, facendo fronteira con Alemaña. Nos seus 1404 km² viven 581.562 habitantes, divididos en 232 concellos, Aarau é a súa capital. É un dos cantóns menos montañosos de Suíza, xa forma parte dun gran val ao norte dos Alpes e ao leste da cordilleira do Xura, comprendendo a parte baixa do río Aare, que lle dá o nome ao cantón, que significa Distrito do Aare. Forma parte oficialmente da confederación dende 1803.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A área total do cantón é de 1.404 km², a poboación é de preto de 581.562 habitantes (2007). A súa capital é Aarau. Limita ao norte con Alemaña, ao oeste co semicantón de Basilea-Campo, o cantón de Soleura e o cantón de Berna, ao sur co de Lucerna e ao leste cos cantóns de Zúric e Zug.

O cantón de Argovia é un dos menos montañosos de Suíza e forma parte da meseta suíza, un gran val ao norte dos Alpes e ao leste da cordilleira do Xura, sobre a cal se levantan pequenos outeiros. No cantón de Argovia áchanse as famosas fontes sulfuradas de Baden, mentres que en Rheinfelden atópanse as fontes salinas. En Brugg están as ruínas do castelo dos Habsburgo.

Historia[editar | editar a fonte]

No século XV, a rexión foi gobernada polos Habsburgo, estes tiñan o seu centro de poder na rexión de Argovia, polo que aínda hoxe pódense atopar varios castelos, todos pertencentes a esa casa, así como varios ex-conventos.

En 1415 a rexión de Argovia foi gañada polos confederados aos Habsburgo. Berna obtén a parte suroccidental (Zofingen, Aarburg, Aarau, Lenzburg e Brügg). Algúns distritos chamados Freie Ämter ou Administración libre (Mellingen, Muri, Villmergen e Bremgarten) xunto con Baden pasaron a ser gobernados polos confederados. En 1798 a porción bernesa convértese no cantón de Argovia e o resto formou o cantón de Baden. En 1803, as dúas metades uníronse como cantón de Argovia, o cal se converteu nun membro de pleno dereito da Confederación. En 2003 o cantón celebrou o seu segundo centenario de existencia.

Economía[editar | editar a fonte]

As terras do cantón de Argovia son as máis fértiles de Suíza. A cría de gando vacún, o cultivo de cereais e froitas son as principais actividades do cantón. A industria está tamén moi desenvolvida, particularmente no sector da enxeñaría eléctrica, os instrumentos de precisión, a produción de aceiro, ferro e cemento.

O cantón conta cunha central nuclear en Beznau. Un número significativo de persoas traspasan o cantón cada día para dirixirse ao centro financeiro e económico da cidade de Zúric, que se atopa moi preto das fronteiras do mesmo.

Concellos[editar | editar a fonte]

Distritos do cantón de Argovia
Vista de Wettingen
Cidade vella de Aarau

O Cantón de Argovia ten un total de 232 municipalidades. As cidades e municipios máis importantes son:[1]

Distritos[editar | editar a fonte]

O Cantón de Argovia conta actualmente con once distritos:

Cultura[editar | editar a fonte]

Linguas[editar | editar a fonte]

O idioma oficial do cantón é o alemán, máis outros idiomas son falados:

Relixión[editar | editar a fonte]

As relixións máis seguidas do cantón son:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Datos de poboación de 31 de decembro de 2008

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Argovia Modificar a ligazón no Wikidata