Primus inter pares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Primus inter pares (en Grego: Πρῶτος μεταξὺ ἴσων (protos metaxy ison), é unha locución latina que significa literalmente "O primeiro entre iguais". Encádrase, en principio, no campo da política, facendo referencia orixinalmente á figura do emperador nas primeiras fases do Imperio romano, buscando aplacar a aqueles que querían un retorno da República Romana.

En España, no pasado, facía referencia ó status dun caudillo ou rei en relación a un estrato inferior de vasallos, nobres polo xeral, que mantiñan fortes cotas de poder, especialmente militar. Este status ou forma de goberno solía darse cando o rei, polo motivo que fose, non era capaz de impoñer un poder absoluto. Encontramos casos de goberno de Primus inter pares na Antiga Grecia ou nas Tribos xermánicas, que deixarían a súa impronta na posterior formación do feudalismo durante a Alta Idade Media europea, en concreto, durante a Monarquía visigoda na península ibérica.

Posteriormente, o termo comenzaría a ser usado para indicar que unha persoa é o maior ou o máis importante dentro dun grupo de xente que comparte o mismo nivel ou responsabilidade. O concepto soe utilizarse tamén frecuentemente no orixinal latino: “Primus inter pares”. Cando non é utilizado en referencia a un título específico, pode indicar que a persoa así descrita é técnicamente igual, pero mirada como autoridade ou con importancia especial polos seus pares. Nalgúns casos pode tamén utilizarse para indicar que mentras a persoa descrita aparece como un igual, en realidade é o líder extraoficial ou reservado dun grupo. Como exemplos de “primeiro entre os seus iguais” pódense mencionar: O Primeiro Ministro de moitas nacións con réxime político Parlamentario na Mancomunidade Británica de Nacións, ó Presidente da Comisión Europea, ó Chief Justice dos Estados Unidos de América, e a algunas figuras relixiosas tales como o Decano do Colexio cardenalicio da Igrexa Católica, o Patriarca Ecuménico da Igrexa Ortodoxa, ou o Arzobispo do Canterbury, líder espiritual da Comunión Anglicana. O termo tamén se utilizou polos Emperadores Romanos (véxase Princeps) como unha forma de disimular o aspecto de ditadura do seu goberno (esto era particularmente importante durante a etapa inicial do Imperio, para calmar ós que desexaban o retorno da vella República romana).

Actualmente en Suíza (Confederación Helvética) un dos sete ministros preside como primus inter pares. O cargo rota cada ano.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]