Oso

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Oso
Estado de conservación
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Ursidae
Xénero: Ursus
Nome científico
Ursus arctos
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O oso é un gran mamifero da orde dos carnívoros, familia Ursidae. Na Galiza é posíbel ver o oso pardo nas serras orientais, onde pasa procedente de Asturias.

Índice

[editar] Aspecto

Todos os osos teñen en común a pel densa, un rabo curto e un bo sentido do olfacto e do ouvido. Son animais corpulentos, aínda que isto depende, en último grao, da dieta de cada animal, e mesmo son quen de alzarse en pé sobre as patas posteriores. Posúen un fociño longo e orellas redondas. Usa os dentes para defensa persoal e como instrumentos. Usan as uñas para despedazar a carne e mais para escavar buracos profundos.

[editar] Hábitat

O osos adáptase a unha gran variedade de ambientes, desde os trópicos ao Ártico e da selva até a banquisa. Son omnívoros, aínda que algúns posúen unha dieta baseada só en carne, como ocorre co oso polar. Comen tamén liques, raíces e bagas. Son capaces de capturar peixes en cursos de auga. Cazan, nomeadamente, na tarde e na alba, salvo que haxa seres humanos nas vecindades.

Certas especies, como o oso polar (Ursus maritimus) e o oso pardo (Ursus arctos), poden ser perigosos para os humanos. Defenden, en especial, os seus territorios e tocos.

[editar] Reproduzón

A época de reproduzón dos osos é moi breve. Reprodúcense de maneira estacional, polo común logo do período de hibernación. Os oseznos nacen desdentados, cegos e pelóns. O habitual son roladas de 1 a 3 crías, que permanecerán con a nai durante uns seis meses. Primeiro alimentados con leite materno; logo de tres meses comezarán a cazar en compaña da nai. Logo, xa son xebrados, mais ficarán aínda nas mesmas paraxes durante tres anos. Despois de sete anos xa atinxen a madurez sexual. Normalmente, os osos son animais moi solitarios e no permanecerán uns con outros máis que períodos moi curtos.

[editar] Outros

Os osos gozan dunha espectativa de vida de entre 25 a 40 anos.

Nas rexións temperadas e frías, os osos pasan o período invernal nun estado de sono profondo e prolongado, que ven sendo denominado, erradamente. como estadio de letargo. Mais de feito, aínda se ben o seu organismo non consume alimento nen auga, o certo é que durante este tempo a súa temperatura corpórea non baixa moito, e as súas funcións fisiolóxicas, pese a reducirse, desenvólvense consonte a regra. As femias mesmo corren o risco de parir e ter que aleitar a prole. Mais a causa deste longo estado de torpor, as crías son de dimensións moi reducidas a respeito do tamaño da nai (até un 1/600 menores), aforrando así gastos elevados de enerxía, ora no parto, ora no aleitamento.

[editar] Clasificación

Oso pardo (Urso arctos arctos) correndo
Oso pardo (Urso arctos arctos) correndo

A subfamilia dos Ursinos comprende cinco xéneros, que coexiste dentro da familia dos Ursídeos cunha segunda subfamilia, a dos Ailurinos (a subfamilia dos pandas ou osos pandas):

  • Xénero Ursus

o Ursus arctos con variábel número de subespecies, segundo autores :

+ Oso pardo, Ursus arctos arctos

+ Grizzly, Ursus arctos horribilis

+ Oso kodiak, Ursus arctos middendorffi

+ Grizzly mexicano, Ursus arctos nelsoni

+ Oso pardo de Siria, Ursus arctos syriacus (Turquía e Oriente Medio)

+ Oso Isabelino, Ursus arctos isabellinus (Himalaia)

+ Ursus arctos stickeenensis

o Oso negro de América ou baribal, Ursus americanus o Oso polar ou branco, Ursus maritimus o Oso negro de Asia,(ou de colar) Ursus thibetanus

  • Xénero Melursus

o Oso beizudo ou xoglar, Melursus ursinus (Ursus ursinus noutras listas taxonómicas)

  • Xénero Helarctos

o Oso malaio ou oso dos coqueiros, Helarctos malayanus o Oso do Atlas, Helarctos crowtheri ou Ursus arctos crowtheri (extinto)

  • Xénero Tremarctos

o Oso con "gafas", Tremarctos ornatus

Ferramentas persoais