Lucerna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lucerna
Escudo de Lucerna Situación de Lucerna en Suíza
Situación
Fotografía de Lucerna
País Suíza Suíza
Cantón Bandeira de Lucerna Lucerna
Distrito Lucerna
Nome
Nome oficial Luzern
Francés Lucerne
Italiano Lucerna
Romanche Lucerna
Xeografía
Superficie 29,04 km2
Altitude
 • Máxima
 • Mínima
436 m

Poboación
Poboación 59.509 (2010)
Densidade 2.049 hab/km2
Lingua Alemán
Información
Código postal 6000
Alcalde Urs W. Studer (Independente)
Sitio na web www.luzern.ch

Lucerna (en alemán Luzern, en francés Lucerne, en italiano e romanche Lucerna) é unha cidade da Suíza central, capital do cantón de Lucerna. A cidade levántase á beira do Lago dos Catro Cantóns (Vierwaldstättersee), cunha famosa ponte de madeira (a Kapellbrücke) e á vista dos montes Pilatus e Rigi. Cunha poboación de 59.509 habitantes (2010), Lucerna é a oitava cidade de Suíza.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Lucerna atópase localizada na ribeira superior do Lago dos Catro Cantóns, o cal desauga no río Reuss. A cidade limita ao norte coas comunas de Emmen e Ebikon, ao leste con Adligenswil e Meggen, ao sur con Horw, e ao oeste con Kriens e Littau.

Grazas ao enclave situado no cantón de Nidwalden, limita tamén coas comunas de Ennetbürgen e Stansstad no cantón de Nidwalden, e Weggis no cantón de Lucerna.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade xurdiu dun pequeno pobo localizado á beira do Lago de Lucerna que foi fundado trala creación dun mosteiro no ano 700. O nome latino Luciaria aparece por primeira vez nos rexistros históricos no ano 840. Séculos máis tarde, baixo o Sacro Imperio Romano Xermánico, conseguiría o status de inmediación imperial e ser un importante membro da Antiga Confederación Suíza.

Tras a Reforma Protestante do século XVI moitas cidades suízas pasaron a abrazar a nova corrente do cristianismo, mais Lucerna permaneceu fiel á fe católica. Os protestantes, que dominaban a Confederación Suíza ao controlar enclaves tan importante coma Zúric, Berna ou Basilea derrotaron aos católicos na Guerra de Vilmerg en 1712, co que Lucerna perdeu a súa posición de control na Confederación.

O 17 de xuño de 2007 os habitantes de Lucerna e os da veciña vila de Littau acordaron en referendo a fusión de ambos os concellos, con efectos a partir do 1 de xaneiro de 2010. O novo concello, que de momento segue a chamarse Lucerna, posúe 76.000 habitantes. Con este resultado, agárdase facilitar o camiño para as negociacións con outras cidades e pobos próximos nun esforzo por crear un sistema unificado de cidade-rexión.

Cultura[editar | editar a fonte]

A Kapellbrücke coa Wasserturm no centro.

As propostas culturais de Lucerna van dende a cultura máis clásica á cultura alternativa, habendo espazos habilitados especificamente para acoller actos de ambas as dúas opcións. É sonado o seu entroido cara a fins do inverno e o seu Festival de Blues no mes de xullo.

Lucerna é a cidade das pontes, que permiten salvar o río Reuss. A máis sonada é a Kapellbrücke (Ponte da Capela). Datada en 1333 e con 204 metros de lonxitude, é a ponte de madeira máis vella de Europa e unha das principais atraccións turísticas de toda Suíza. No centro da mesma érguese a Wasserturm (Torre da Auga), unha torre octogonal construída posiblemente antes que a ponte e que foi arquivo da cidade, torre de vixilancia, cámara do tesouro e mesmo prisión e cámara de tortura. Hoxe en día, acolle tendas de souvenirs e o local da asociación de artillaría de Lucerna.

Personalidades[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lucerna

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Listaxe Cidade Cantón Pob. Listaxe Cidade Cantón Listaxe
Pano-Zurich-CityScape-FromGrossMunster-RiverSide.jpg
Zúric
Geneve 2005 001 Ork.ch.jpg
Xenebra
Panorama basel.jpg
Basilea
1 Zúric Zúric 372.047 11 Thun Berna 42.330
2 Xenebra Xenebra 191.415 12 Köniz Berna 38.793
3 Basilea Basilea-Cidade 169.019 13 La Chaux-de-Fonds Neuchâtel 37.523
4 Lausana Vaud 133.280 14 Schaffhausen Schaffhausen 34.587
5 Berna Berna 123.466 14 Friburgo Friburgo 34.490
6 Winterthur Zúric 101.203 16 Vernier Xenebra 33.517
7 San Galo San Galo 72.642 17 Coira Grisóns 33.377
8 Lucerna Lucerna 59.509 18 Neuchâtel Neuchâtel 32.770
9 Lugano Tesino 55.060 19 Uster Zúric 32.285
10 Biel/Bienne Berna 50.455 20 Sion Valais 29.718
Censo 2010

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]