Acordo de Schengen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
En azul escuro están os membros do Tratado de Schengen. En azul claro, os futuros membros.

O Acordo de Schengen é unha convención entre países europeos sobre unha política de libre circulación de persoas no espazo xeográfico de Europa. Son 22 nacións da Unión Europea (Bulgaria, Romanía, Chipre, Irlanda e Reino Unido non son parte) e máis outros tres países europeos membros da EFTA (Islandia, Noruega e Suíza).

Definición[editar | editar a fonte]

O Espazo Schengen permite a libre circulación de persoas dentro dos países signatarios sen ter que parar nas fronteiras e presentar o seu pasaporte. É necesario ser portador dun documento legal coma, por exemplo, o DNI. O Espazo Schengen non se relaciona coa libre circulación de mercadorías (embargos, etc.) cuxa entidade mediadora é a Unión Europea e os outros membros fora do bloque económico.

Historia[editar | editar a fonte]

Edificio da alfándega na Raia entre Galiza e Portugal, que deixou de ter uso en 1992 ao adoptaren España e mais Portugal o Acordo de Schengen.

O acordo foi orixinalmente asinado o 14 de xuño do 1985 por cinco países (Bélxica, Francia, Alemaña, Luxemburgo e Países Baixos). A sinatura do tratado ocorreu a bordo do barco Princesse Marie-Astrid no río Mosela, próximo a Schengen, unha pequena localidade Luxemburguesa na fronteira con Francia e Alemaña.

O acordo asinado en 1985 estabeleceu os pasos a seguir para criar o espazo Schengen. Un documento adicional chamado Convención de Schengen foi creado para pór o tratado de Schengen en práctica. Este segundo documento substituíu o primeiro e foi asinado por cada país na seguinte orde:

Unha fronteira Schengen típica: non existe posto de control. A foto tomouse na fronteira entre Austria e Alemaña

Mónaco, San Mariño e o Vaticano están dentro do Acordo de Shengen por seren enclaves

Excepcións[editar | editar a fonte]

Nos seguintes territorios de membros da área Schengen o tratado non é aplicábel:

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Acordo de Schengen


Unión Europea
EU Insignia.svg

Este artigo forma parte da serie:
Política e goberno
da Unión Europea


Tratados
Roma · Maastricht · Acta Única Europea
Ámsterdam · Niza · Lisboa
Institucións
Comisión

José Manuel Durão Barroso


Parlamento

Presidente do Parlamento Europeo


Consello

Presidente do Consello da Unión Europea


Outras

Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Banco Central Europeo · Consello Europeo

Outros
Membros · Alongamento · Lei · Euro
Relacións internacionais · Corpos · Axencias