Schaffhausen
| Schaffhausen | |
|---|---|
| Situación | |
| País | |
| Cantón | |
| Distrito | Ningún |
| Nome | |
| Nome oficial | Schaffhausen |
| Francés | Schaffhouse |
| Italiano | Sciaffusa |
| Romanche | Schaffusa |
| Xeografía | |
| Superficie | 31,00 |
| Altitude • Máxima • Mínima |
403 m |
| Poboación | |
| Poboación | 34.587 (2010) |
| Densidade | 1.115 hab/km2 |
| Lingua | Alemán. |
| Información | |
| Código postal | 8200 |
| Alcalde | Thomas Feurer (GPS) |
| Sitio na web | www.stadt-schaffhausen.ch |
Schaffhausen é unha cidade suíza situada no cantón do mesmo nome, preto da fronteira con Alemaña. A súa poboación, segundo datos de 2010, é de 34.587 habitantes.
Índice |
Xeografía [editar]
A xeografía da cidade de Schaffhausen está marcada pola proximidade do río Rhin e a de Alemaña. Moi preto dela están as fervenzas do Rhin, en Neuhausen am Rheinfall, que cos seus 150 m de ancho e 23 de alto son das máis grandes de Europa e constitúen un dos principais atractivos turísticos de toda Suíza.
Historia [editar]
Foi cidade-estado na Idade Media, estando documentada a existencia de moedas propias cara ao ano 1045. Cinco anos máis tarde foi fundado o mosteiro bieito de Todos os Santos, que chegou a ser o centro da vila. Posteriormente conseguiu o status de cidade imperial libre do Sacro Imperio Romano Xermánico, para logo ser sometida polos Habsburgo, mercando a súa liberdade ao Imperio Austríaco en 1418.
En 1501 ingresou na Antiga Confederación Suíza. A Reforma Protestante callou na poboación en 1529. Foi destruída durante a Guerra dos Trinta Anos, ao ser escenario das hostilidades entre o exército do Imperio Sueco (católico) e as tropas bávaras (protestantes), interesadas na posición estratéxica da cidade, durante as cales foi incendiada unha ponte moi importante para a mesma.
A industrialización non chegou ata o século XIX co desenvolvemento de industrias de procesado do algodón. Malia a neutralidade suíza durante a Segunda Guerra Mundial, Schaffhausen foi bombardeada pola aviación estadounidense o 1 de abril de 1944, falecendo un cento de civís. Os norteamericanos alegaron un erro no sistema de navegación dos aparellos.
O 1 de xaneiro de 2009 absorbeu o veciño concello de Hemmental.
Cultura [editar]
A cidade vella presenta interesantes edificios renacentistas, decorados con frescos e esculturas exteriores, conservándose tamén a vella fortaleza medieval, o Munot, un torreón circular de magníficas proporcións. O mosteiro de Todos os Santos foi restaurado e acolle un museo adicado á historia da vila e da contorna. Entre as súas construcións relixiosas cómpre salientar a igrexa de San Xoán, de estilo gótico.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
| Listaxe | Cidade | Cantón | Pob. | Listaxe | Cidade | Cantón | Listaxe | Zúric Xenebra Basilea |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Zúric | Zúric | 372.047 | 11 | Thun | Berna | 42.330 | |
| 2 | Xenebra | Xenebra | 191.415 | 12 | Köniz | Berna | 38.793 | |
| 3 | Basilea | Basilea-Cidade | 169.019 | 13 | La Chaux-de-Fonds | Neuchâtel | 37.523 | |
| 4 | Lausana | Vaud | 133.280 | 14 | Schaffhausen | Schaffhausen | 34.587 | |
| 5 | Berna | Berna | 123.466 | 14 | Friburgo | Friburgo | 34.490 | |
| 6 | Winterthur | Zúric | 101.203 | 16 | Vernier | Xenebra | 33.517 | |
| 7 | San Galo | San Galo | 72.642 | 17 | Coira | Grisóns | 33.377 | |
| 8 | Lucerna | Lucerna | 59.509 | 18 | Neuchâtel | Neuchâtel | 32.770 | |
| 9 | Lugano | Tesino | 55.060 | 19 | Uster | Zúric | 32.285 | |
| 10 | Biel/Bienne | Berna | 50.455 | 20 | Sion | Valais | 29.718 | |
| Censo 2010 | ||||||||