Biel/Bienne
| Biel/Bienne | |
|---|---|
| Situación | |
| País | |
| Cantón | |
| Distrito | Biel/Bienne |
| Nome | |
| Nome oficial | Biel/Bienne |
| Francés | Bienne |
| Italiano | Bienne |
| Romanche | Bienna |
| Xeografía | |
| Superficie | 51,60 |
| Altitude • Máxima • Mínima |
434 m |
| Poboación | |
| Poboación | 50.455 (2010) |
| Densidade | 2.380 hab/km2 |
| Lingua | Alemán e francés. |
| Información | |
| Código postal | 2500 - 2510 |
| Alcalde | Erich Fehr (SPS) |
| Sitio na web | www.biel-bienne.ch |
Biel/Bienne é unha cidade de Suíza, situada no cantón de Berna, a media hora por estrada da capital suíza. Os seus 50.455 habitantes (datos de 2010) convértena na décima cidade do país. É o corazón da industria reloxeira suíza. Dende o 1 de xaneiro de 2005 pasou a denominarse oficialmente Biel/Bienne.
Índice |
Xeografía [editar]
A cidade descansa aos pés da aba sur da Cordilleira do Xura, na ribeira nordeste do Lago de Biel. Queda, pois, xusto na fronteira lingüística entre o francés e o alemán, o Röstrigaben, motivo polo cal a denominación oficial da cidade é nos dous idiomas, habendo un 40% de francófonos e un 60% de xermanófonos, con tendencia a diminuiren os primeiros en favor dos segundos.
Historia [editar]
A orixe de Biel hai que procurala no asentamento galo establecido durante a cultura de La Tène. Foi conquistada sucesivamente por romanos e burgundios, chegando estes últimos a incorporala ao seu reino, para pasar posteriormente ao dominio do Sacro Imperio Romano Xermánico.
A cidade propiamente dita foi construída no século XI e o primeiro rexistro escrito do seu topónimo data de 1142. Ata o século XVIII permaneceu oficialmente baixo a xurisdición do bispo de Basilea, mais na práctica integrouse na Antiga Confederación Suíza.
En 1798 foi anexionada pola Primeira República Francesa. Unha vez derrotado Napoleón, tras o Congreso de Viena, integrouse no cantón de Berna, onde aínda permanece.
Ata 2005 denominouse oficialmente Biel, aínda que a forma bilingüe Biel-Bienne tamén era de uso común. A partir dese ano a denominación oficial pasou a ser Biel/Bienne.
Economía [editar]
A economía de Biel xira en torno á súa industria reloxeira. Marcas coma Festina, Leroy, Swatch ou Rolex están intimamente ligadas coa cidade. A mecánica de precisión e a micromecánica prosperan en toda a vila e nos seus arredores. Rolex estableceuse dende os seus inicios aquí, ubicando os seus centros de produción. Swatch tamén ten a súa sede central na cidade, ao igual que a Federación da Industria Reloxeira Suíza.
Cultura [editar]
En 2004 recibiu o Premio Wakker pola conservación e desenvolvemento do seu patrimonio arquitectónico. En efecto, o centro histórico de Biel/Bienne, aínda que cativo, conserva as súas trazas orixinais, presididas por unha igrexa gótica do século XV. Tamén abundan as fontes profusamente decoradas con todo tipo de flores.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
| Listaxe | Cidade | Cantón | Pob. | Listaxe | Cidade | Cantón | Listaxe | Zúric Xenebra Basilea |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Zúric | Zúric | 372.047 | 11 | Thun | Berna | 42.330 | |
| 2 | Xenebra | Xenebra | 191.415 | 12 | Köniz | Berna | 38.793 | |
| 3 | Basilea | Basilea-Cidade | 169.019 | 13 | La Chaux-de-Fonds | Neuchâtel | 37.523 | |
| 4 | Lausana | Vaud | 133.280 | 14 | Schaffhausen | Schaffhausen | 34.587 | |
| 5 | Berna | Berna | 123.466 | 14 | Friburgo | Friburgo | 34.490 | |
| 6 | Winterthur | Zúric | 101.203 | 16 | Vernier | Xenebra | 33.517 | |
| 7 | San Galo | San Galo | 72.642 | 17 | Coira | Grisóns | 33.377 | |
| 8 | Lucerna | Lucerna | 59.509 | 18 | Neuchâtel | Neuchâtel | 32.770 | |
| 9 | Lugano | Tesino | 55.060 | 19 | Uster | Zúric | 32.285 | |
| 10 | Biel/Bienne | Berna | 50.455 | 20 | Sion | Valais | 29.718 | |
| Censo 2010 | ||||||||