Partícula subatómica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo estándar das partículas elementais.

Unha partícula subatómica é unha partícula máis pequena que un átomo; pode ser elemental ou composta. A física de partículas e a física nuclear interésanse polo estudo destas partículas, as súas interaccións e a materia constituída por elas que non se agregan en átomos.

Estas partículas inclúen constituíntes atómicos como electróns, protóns e neutróns. Os protóns e neutróns son partículas compostas, xa que están constituídas por quarks. Un protón consiste en dous quarks de arriba e un quark de abaixo Os quarks mantéñense unidos mediante partículas gluóns. Existen seis tipos diferentes de quarks, que teñen os estraños nomes de quark de arriba, quark de abaixo, quark estraño, quark encanto, quark do fondo e quark superior. Outras partículas inclúen os fotóns e neutrinos, que se producen abondosamente no sol. Porén, a maioría das partículas descobertas e estudadas non se atopan en condicións normais na terra. Prodúcense nos raios cósmicos e durante procesos de separación en aceleradores de partículas. Existen ducias doutras partículas subatómicas.

Descuberta[editar | editar a fonte]

Estas partículas foron descobertas a partir do final do século XIX. No decorrer do século XX foi comprobada a existencia de aproximadamente 200 destes corpúsculos e as leis que gobernan as súas inter-relacións e interaccións. A súa cantidade e complexidade levou ao desenvolvemento de formulacións matemáticas cada vez mais complexas na tentativa de predicir o seu comportamento. Actualmente, os estudiosos, a través de exercícios teóricos e experimentos prácticos buscan teorías para unificar e simplificar o estudo da estrutura universal, cuxo tecido se desdobra a cada nova descoberta.

Os físicos que descobriron algúns destas partículas, utilizaron nomenclaturas que poden ser consideradas ou soar estrañas. Porén, analizando máis profundamente, observaremos que os quarks, por exemplo, chamados quark superior, quark do fondo, quark estraño, quark encanto, teñen razóns para receberen estes nomes. Estas nos dan unha idea aproximada das propiedades singulares deses corpúsculos.

A primeira destas partículas, o electrón, foi foi descoberta en 1897 por Joseph John Thomson. Ernest Rutherford, bombardeando unha chapa metálica con partículas alfa descobriu que apenas unha pequena fracción delas sofría desvío de traxectoria. Con isto concluíu que as partículas que non se desviaban non encontraban no metal obstáculo que causase a deflexión da súa traxectoria. Desta forma, creou un modelo no cal os electróns xiraban en torno do núcleo atómico, que considerou a rexión central do átomo e onde se situaba a maior parte da masa atómica.

O modelo de Rutherford baseábase en órbitas electrónicas, isto é, comparábeis a un sistema planetario. Chegou á conclusión de que a maior parte do átomo se encontra baleira, estando practicamente a totalidade da súa masa no núcleo, sendo este en torno de dez mil veces menor que o átomo.

Despois da descoberta do núcleo en 1911, xa se comprobou a existencia de moitas partículas subatómicas. Fóronse establecendo as leis fundamentais da materia-enerxía que gobernan as súas inter-relacións e predicindo o comportamento das subpartículas. Isto levou aos cientistas a procurar encontrar solucións teóricas que unifiquen e simplifiquen o estudo da estrutura básica do universo.

Clases de partículas subatómicas[editar | editar a fonte]

Atendendo ás individualidades e tamén á súa clasificación en grupos, podemos considerar:

Partículas fundamentais en Física (lista, táboa)
Fermións Bosóns de Gauge
Quarks Leptóns Bosóns W e Z Fotón Gluón
Arriba Encantado Cume Electrón Muón Tau (tauón) Bosóns hipotéticos
Abaixo Extraño Fondo e-neutrino μ-neutrino τ-neutrino Gravitón    Bosón de Higgs
Outras clases, partículas compostas e outras
barión - gravitino - hadrón - kaón - mesón - neutrón - pión - positrón - protón
Termos relacionados
antimateria - partícula subatómica