Hermann Bondi
| Sir Hermann Bondi | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de novembro de 1919 Austria |
| Morte | 10 de setembro de 2005 Cambridge, Inglaterra |
| Nacionalidade | británico |
| Campo | matemáticas, cosmoloxía física |
Sir Hermann Bondi, nado o 1 de novembro de 1919 e finado o 10 de setembro de 2005, foi un matemático e cosmólogo británico de orixe austríaca. É coñecido por desenvolver a teoría do estado estacionario do universo con Fred Hoyle e Thomas Gold como unha alternativa á teoría do Big Bang, pero o seu legado máis duradeiro probablemente será as súas importantes contribucións á teoría da relatividade xeral.
Traxectoria [editar]
Xunto co astrónomo estadounidense Thomas Gold e o británico Fred Hoyle, propuxo en 1948 a teoría do estado estacionario do universo, alternativa á teoría do Big Bang, segundo a cal o Universo mantense uniforme no espazo e no tempo. Entre os seus traballos máis importantes destacan as súas aportacións sobre a teoría da relatividade xeral.
Bondi chegou a Cambridge en 1937 fuxindo do forte antisemitismo presente en Austria. A comezos da Segunda Guerra Mundial foi internado prisioneiro na illa de Man e en Canadá como nativo dun país do Eixo alemán. Foi liberado en 1941 trabajando no sistema de radar junto a Fred Hoyle. En 1946 adquiríu a nacionalidade británica.