Oza dos Ríos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°13′00″N 8°10′59.0″W / 43.21667°N 8.183056°W / 43.21667; -8.183056

Oza dos Ríos
Escudo de Oza dos Ríos
Casa do Concello de Oza dos Ríos.JPG

Antiga casa do Concello.
Situacion Oza dos Ríos.PNG
Situación
Xentilicio[1] Ocense (non oficial)
Xeografía
Provincia Provincia da Coruña
Comarca Comarca de Betanzos
Poboación 3.204 hab. (2013)
Área 72,1 km²
Densidade 44,44 hab./km²
Entidades de poboación 12 parroquias
Política (2011)
Alcalde José Pablo González Cacheiro
Concelleiros BNG: 1
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 2
Outros: -
Eleccións municipais en Oza dos Ríos
Uso do galego[2] (2001)
Galegofalantes 97,48%
Na rede
www.ozadosrios.es
info@ozadosrios.net

Oza dos Ríos foi un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos.

Segundo o IGE en 2013 tiña 3.204 habitantes (3.227 no 2012, 3.229 no 2011, 3.198 no 2010).

O 6 de xuño de 2013 a Xunta de Galicia aprobou o decreto da fusión do concello co de Cesuras polo que se creou o concello de Oza-Cesuras.[3]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

O Concello de Oza dos Ríos ocupaba unha estreita franxa de terreo de 71,9 km² entre os ríos Mandeo e Mendo. Limitaba ó norte con Betanzos e Coirós, ó sur con Curtis e Cesuras, ó leste con Aranga e ó oeste con Abegondo. O concello abranguía 12 parroquias (dependentes da arquidiocese de Santiago de Compostela) e 103 lugares.

Orografía e hidrografía[editar | editar a fonte]

No termo do Concello de Oza dos Ríos distinguíanse claramente dúas zonas. A máis setentrional podía encadrarse dentro da comarca das Mariñas. Esta era sucada polos ríos Mero e Mandeo nos seus cursos altos; son terras de ribeira e bocarribeira. Cara ó sur, a paisaxe cambia e diminúe a poboación, con terras de montaña que superan os 500 metros de altitude en varios puntos (Pena Moura 554 m, Brueiro 527 m).

O relevo é moi accidentado, pois os dous ríos citados sucan profundos vales. O do Mendo é despoboado e de frondosa vexetación, mentres que o do Mero é mais acolledor.

A altura media é de 200 metros, oscilando dende os 40 m de Roibeira ata os 554 m de Pena Moura.

Dende o punto de vista morfolóxico podíanse recoñecer tres áreas distintas:

  • Zona alta cha: relacionada coa comarca da Terra Chá, ó sur e sueste de Rodeiro, dende A Ventosa cara á Queimada- O Brueiro e A Corte do Mato.
  • Zonas altas con vales profundos e encaixados: principalmente coas abas oeste do monte do Gato, por onde se encaixa o río Miñatos e o río Mendo.
  • Zonas onduladas e pendentes suaves: a meirande parte do centro e leste do Concello. As dúas zonas están separadas por unha discreta elevación que forma o pequeno Porto de Patarelo.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima é de tipo atlántico húmido, sendo a temperatura media anual de 12 ºC e as precipitacións de 850 a 1.750 mm./ano.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de Oza dos Ríos (desde 1900 ata 2013)
 1900  1930  1950  1981  2004  2009  2011  2012  2013
 5.475  5.679  6.359  3.744  3.154  3.202  3.229  3.227  3.204
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

Idade Antiga[editar | editar a fonte]

En Oza dos Ríos consérvanse restos de asentamentos de diversas épocas. Así, do período castrexo consérvanse e téñense recoñecidos numerosos vestixios, a meirande parte deles coroando zonas altas, facilmente defendibles e próximas a abastecementos de auga, e zonas chas de solos fértiles.

Estes enclaves foron retomados no período romano, complementando as actividades de tipo agrícola e gandeira coa explotación mineira, que neste término non pasa dunha pequena canteira de arxilas, para a produción de tellas e produtos de barro.

Idade Media[editar | editar a fonte]

Durante a Idade Media os asentamentos fanse máis numerosos e alóxanse un pouco dos puntos máis altos e fortificados, para poder atender mellor as actividades agrícolas. Este sistema feudal foi controlado por mosteiros, como o de San Salvador de Cis e ordes relixiosas coma a de San Martiño de Santiago e a de San Bieito.

Idade Moderna[editar | editar a fonte]

No Antigo Réxime o concello tiña as súas parroquias distribuídas nas xurisdicións de Betanzos, Parada, Oza e Fervenzas, todas elas na provincia de Betanzos.

Idade Contemporánea[editar | editar a fonte]

Cando aparecen os novos concellos constitucionais no que era concello de Oza dos Ríos, figuraba o concello de Enxertados, parroquia de Parada, onde tiña lugar unha grande romaría, que figuraba no partido de Betanzos, e aparecía nos documentos que facía a entón Deputación única de Galicia.

O concello de Enxertados aparecía no repartimento de quintas que facía a Deputación de Galicia o 7 de xullo de 1821. No repartimento da contribución territorial do 13 de setembro de 1821, figuraba coa cota 43244 rs. 16 ms.

Cando no ano 1822 se fixo a división de Galicia en catro provincias, Enxertados, que seguía no mesmo partido xudicial de Betanzos, pasou a depender da provincia da Coruña.

Cando se fixeron os proxectos para levar á practica o R.D. de 23 de xullo de 1835 e se publicou pola Deputación Provincial o proxecto do partido xudicial de Betanzos co obxecto de que se poidan facer as observacións, que lles suxira o seu interese polo ben público; na mesma figuraba o concello de Oza con dez parroquias.

O proxecto foi levado para a aprobación definitiva á sesión da Deputación Provincial do 6 de xuño de 1836, onde o proxecto do partido xudicial de Betanzos, sufriu modificacións; en relación co concello de Oza acadouse que lle fose incorporada unha nova parroquia, a de San Nicolao de Cis, que estaba no proxecto do concello de Abegondo.

O 18 de xuño de 1836 aparece publicada a instalación definitiva do partido xudicial de Betanzos, na que o concello de Oza constaba das seguintes parroquias: San Pedro de Oza, Santo Estevo de Parada, San Martiño de Bandoxa, Santiago de Reboredo, Santa María da Regueira, San Pedro de Porzomillos, Santa Cruz de Mondoi, San Tomé de Salto, Santa María de Cuíña, Santo Estevo de Vivente e San Nicolao de Cis.

O 27 de xuño de 1836 Santa María de Rodeiro foi segregada de Aranga e incorporada a Oza. Até 1916 o nome recibía simplemente o nome de Oza, pero nese ano pasou a ser chamado Oza dos Ríos para distinguilo do antigo concello de Oza, anexionado en 1912 ao da Coruña. Na pequena etapa dos xulgados comarcais creados pola orde do 24 de marzo de 1945 Oza dos Ríos, dispuña dun xulgado comarcal do que dependía o xulgado de paz de Cesuras.

En marzo de 2012 iniciou un proceso de fusión xunto ao veciño concello de Cesuras[4]. O 11 de xaneiro de 2013 os dous concellos aprobaron a fusión nos respectivos plenos da corporación municipal[5]. O 22 de febreiro a Deputación da Coruña e o 6 de xuño de 2013 a Xunta de Galicia aprobaron o decreto da fusión dos concellos Oza dos Ríos e Cesuras polo que se crea o concello de Oza-Cesuras.[3]

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

Economía[editar | editar a fonte]

O concello tiña a súa base económica no sector gandeiro, agrícola e forestal. A boa situación xeográfica e de accesos (estaba preto da A-6) facía de Oza un nó de comunicacións entre a costa e os concellos do interior, e que existira tamén un sector servizos. Begano, a embotelladora de Coca-Cola en Galiza actualmente integrada en Coca-Cola Iberian Partners, decidira trasladar a súa fábrica a Oza dos Ríos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oza dos Ríos Modificar a ligazón no Wikidata
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Oza dos Ríos

Bandoxa (San Martiño) | Cis (San Nicolao) | Cuíña (Santa María) | Mondoi (Santa Cruz) | Oza (San Pedro) | Parada (Santo Estevo) | Porzomillos (San Pedro) | Reboredo (Santiago) | A Regueira (Santa María) | Rodeiro (Santa María) | Salto (San Tomé) | Vivente (Santo Estevo)


Concellos da Comarca de Betanzos Comarca de Betanzos
Aranga
Aranga
Betanzos
Betanzos
Coirós
Coirós
Curtis
Curtis
Irixoa
Irixoa
Miño
Miño
Oza-Cesuras
Oza-Cesuras
Paderne
Paderne
Vilarmaior
Vilarmaior
Vilasantar
Vilasantar