Alfalfa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alfalfa
Medicago sativa en Otto Wilhelm Thomé: Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885
Medicago sativa en Otto Wilhelm Thomé: Flora von Deutschland, Österreich und der Schweiz, 1885
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Subfamilia: Faboideae
Tribo: Trifolieae
Xénero: ''Medicago''
Especie: ''Medicago sativa''
Nome binomial
''Medicago sativa''
L., Sp.Pl2: p.778. 1753[1]
Subespecies
[2][3]
Inflorescencia e follas trifolioladas.
Froitos en hélices sinistras, maduros e inmaturos.
Medicago sativa - harilik lutsern Keilas.jpg

A alfalfa, alforfa ou lucerna[1] ( Medicago sativa), é unha especie de planta herbácea pertencente á familia das fabáceas ou legumes empregada coma forraxe. Cultívase en todo o mungo. No caso de Galiza non é unha cultura común, porén, agás en casos extremos e zonas moi sombrizas, a alforfa pódese sementar en calquera zona de Galiza e da cornixa cantábrica[2].

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha planta que se utiliza amplamente como pasto e con este propósito é cultivada intensivamente no mundo enteiro. Ten un ciclo vital de entre cinco e doce anos, dependendo da variedade utilizada, así como do clima; en condicións benignas pode chegar a vinte anos.[3] Chega acadar unha altura de 1 metro, desenvolvendo mestos feixes de flores miúdas de cor púrpura. As súas raíces adoitan ser moi fondas, podendo acadar os 4,5 metros. Deste xeito, a planta é especialmente resistente á seca.

Ten un xenoma tetraploide.[4]

É unha especie que amosa autotoxicidade, polo que non é doado para a súa semente medrar en cultivares de alforfa[5] xa existentes. Así, recoméndase que os seus cultivares se roten con outras especies (por exemplo, millo ou trigo) antes de volver sementar.[6]

Historia[editar | editar a fonte]

A alforfa procede de Persia, onde probabelmente foi adoptada para o uso por parte do ser humano durante a Idade do bronce para alimentar as bestas procedentes de Asia Central.[7][6] Segundo Plinio o Vello, introduciuse en Grecia arredor do 490 a. C., durante a Primeira Guerra Médica,[8] posibelmente en forma de sementes chegadas co penso da cabalaría persiano. Pasou a ser un cultivo habitual destinado á alimentación dos cabalos.[9][10][11] O humano pode inxerila como rebentos en ensaladas e emparedados.[12][13] Coma todos os legumes, as súas raíces posúen nódulos que conteñen as bacterias Sinorhizobium meliloti, con habilidade de fixar azote, que producen alimento altoproteico, sen importar o azote dispoñíbel no solo.[14] A súa habilidade fixadora de azote (incrementando o N do solo) e o seu uso coma penso animal mellora a eficiencia da agricultura.[15][16]

Cultivo en Galiza[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente, nas zonas húmidas de España, vense cultivando pasteiros mixtas dando lugar a unha produción estacional de forraxe con dous picos ou puntas, unha máxima a final da primavera ou principio do verán e outra menor ao comezo do outono. Fica, entrambas, unha paraxe estival, máis curta canto máis preto esteamos da costa cantábrica, que ten que ser cuberta ben con forraxes conservadas ou ben con cultura de alternativa estival, como millo e en menor contía con híbrido sorgo e pasto do Sudán ou ben con catasol forraxeiro ultimamente. Isto obriga a facer labores anuais, o que supón, ademais do gasto, un trastorno para a explotación, xa que as épocas máis axeitadas para as facer soen coincidir coas tempadas de choivas primaverais e outonizas. O incremento dosregadíos e a implantación de especies máis resistentes ás temperaturas estivais son factores que paliaron, en parte, estes problemas. Entre estas especies cómpre salientar a alforfa e mais a festuca. As maiores dificultades para a expansión do cultivo da alforfa en Galiza, e en xeral en zonas húmidas, foron entre outras, as falla de inoculación con cepas de bacterias específicas para esta especie, a carencia de coñecementos agronómicos para a súa implantación e, por último, o descoñecemento dos sistemas para axudar á alforfa a combater as especies espontáneas, moito máis agresivas, especialmente no final do inverno e comezo da primavera. Exceptuando casos extremos e zonas moi sombrizas, a alforfa pódese sementar en calquera zona de Galiza e da cornixa cantábrica[17].

Sinónimos[editar | editar a fonte]

  • Medicago afganica (Bordere) Vassilcz.
  • Medicago alaschanica Vassilcz.
  • Medicago asiatica subsp. sinensis Sinskaya
  • Medicago beipinensis Vassilcz.
  • Medicago grandiflora (Grossh.) Vassilcz.
  • Medicago ladak Vassilcz.
  • Medicago mesopotamica Vassilcz.
  • Medicago orientalis Vassilcz.
  • Medicago pekinensis Vassilcz.
  • Medicago polia (Brand) Vassilcz.
  • Medicago praesativa Sinskaya
  • Medicago praesativa subsp. spontanea Sinsk.
  • Medicago roborovskii Vassilcz.
  • Medicago sativa f. alba Benke
  • Medicago sativa var. grandiflora Grossh.
  • Medicago sativa var. tibetana Alef.
  • Medicago sogdiana (Brand) Vassilcz.
  • Medicago tibetana (Alef.) Vassilcz.
  • Trigonella upendrae H.J.Chowdhery & R.R.Rao[18]

Principios activos[editar | editar a fonte]

Propiedades medicinais[editar | editar a fonte]

Utilízase a folla, tendo cualidades nutritivas excepcionais. Contén máis proteínas que a maior parte dos vexetais. É tamén rica en Vitamina A, e minerais derivados. Contén cantidades pouco usuais de Vitamina K (necesaria para callar o sangue).[20]

Alforfa xeneticamente modificada[editar | editar a fonte]

A alforfa Roundup Ready é unha variedade xeneticamente modificada por enxeñaría xenética, patentada por Monsanto Co., resistente ao herbicida de Monsanto «glifosato»; así aínda que a meirande parte das plantas de folla ancha, incluíndo a alforfa común, son sensíbeis a dito herbicida, o agricultor pode pulverizar os cultivares de "Alfalfa Roundup Ready" co 'glifosato', e así matar as malezas, sen danar a cultura de alforfa modificada.

Nomes vernáculos[editar | editar a fonte]

En galego recibe os nomes comúns de alforfa, alfalfa , lucerna e trevo caracol[21]. Cómpre destacar que o nome alforfa corresponde tamén a unha planta brava semellante: Trigonella foenum-graecum.

Pragas e doenzas[editar | editar a fonte]

Polo de agora non se teñen ollado ataques de insectos en Galiza, agás os de rosquilla (Prodenia litura) na costa de Lugo. Téñense ollado pradeiras achegadas a alforfais atacadas de típula e non se manifestar o ataque na alforfa, o que se pode deber a teren un ciclo vexetativo distinto ou ben a que ao manter o chan ceibo de más herbas non atopa o acubillo que as pradarías polífitas lle fornecen. É de agardar que, de se extender o cultivo, as primeiras pragas que aparezan sexan: cuca (Co/aspidema atrum) en zonas cálidas e dificilmente no norte; verme verde (Phytonomus variabilis) nas mesmas condicións; apion (Apion s.p.) e pulgón (Aphis s.p.) algo entrado o verán. Para todos eles poden utilizarse produtos a base de Carbaril, Lindano, Clorpirifos, Fenitrotión, Malatión, Triclorfón, etc., seguindo as instrucións do fabricante e utilizando uns ou outros segundo a época de ataque e a marxe de seguranza que se desexe entre tratamento e aproveitamento. No se teñen ollado ataques de nematodos nos talos (Ditylenchus dipsaci). Respecto das enfermidades, aínda non se presentaron ataques graves de raíz, aínda que si existiron casos de asfixia cos conseguintes fungos saprofíticos posteriores. Tampouco de Verticillium, Sclerotinia e Colletotrichum (antracnose), o que non significa que non aparezan no futuro. Se ocorrer habería que pensar en utilizar variedades resistentes a Verticillium (Prima,Vertus, Verneuil, Lutece, Sverre, Maris kabul e Sabilt). En conxunto, as variedades flamingas son resistentes aos fungos que atacan as follas: Pseudopeziza, Uromyces , etc., no A cuscuta non é problema se se utilizan variedades seleccionadas e certificadas. Os mesmos tratamentos contra as herbas daniñas a base de Paracuat resultan bastante efectivos no seu control[22].

Lista de enfermidades[editar | editar a fonte]

Enfermidades bacterianas[editar | editar a fonte]

Las plantas atacadas presentan síntomas de detención de crecimiento de la punta del tallo, y amarilleamiento al segundo o tercer año del establecimiento. Los brotes tienen hojas pequeñas y las puntas se marchitan en verano cuando hace calor. La sección de las raíces pasa a tener un color marrón claro en el cambium. No existe tratamiento para combatir la enfermedad, pero se pueden tomar precauciones para mantener la productividad de la alfalfa como es la fertilización, buen manejo, y efectuar los cortes en las épocas secas, ya que hay que tener en cuenta que la infección tiene lugar a través de heridas y grietas de la planta.

Enfermidades producidas por fungos[editar | editar a fonte]

Doenza que causa os maiores danos na alforfa, sendo difícil de combater. O síntoma clásico é a aparición na coroa ou colo dunha podremia. Espállase ao se anegar o chan e por danos producidos polo gado ou a maquinaria.

  • Outras enfermidades producidas por fungos son:
Verticilose (Verticillium albo-atrum, Reinke e Berth).
Podremia branda, mal do esclerocio (Sclerotinia trifoliorum).
Enfermidades deos órganos aéreos[editar | editar a fonte]

É a doenza máis frecuenta das partes aéreas da alforfa, semellante á roia. Presenta tacas cloróticas nas follas novas e inferiores ao teren estas máis humidade. O tratamento consiste en aplicar produtos funxicidas organocúpricos.

  • Outras enfermidades aéreas son:
Roia da alforfa (Uromyces striatus ).
Mildio da alforfa (Peronospora trifoliorum ou Peronospora estivalis, De Bary).
Oídio da alforfa (Erysiphe polygoni, Erysiphe pisi ou Erysiphe martii).
Antracnose (Colletotrichum trifolli, Bain).

Pragas[editar | editar a fonte]

Importante en todo o sur de España.

Dentro deste grupo de hemípteros o máis importante é o pulgón verde (Acyrtosiphon trifolii T. maculata), son chuchadores do zume do parénquima. Para a súa eliminación é frecuente o uso de insecticidas.

  • Outras pestes frecuentes nos cultivos de alforfa son:
As chinchas da alforfa.
A gardama (Laphigma exigua HB).
A prodenia negra [23] Spodoptera littoralis, Prodenia litura, Agrotis segetis).
O verme verde (Phytonomus ou Hypera variabilis Hb).
Cuca, ou verme negro (Colaspidema atrum, Latr.).
Os apións (Apión spp).
Gorgullos.
Sitonas.
As moscas da alforfa.
Trips (Frankliniella spp).
Ácaros (Tetranynchus spp).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vocabulario do medio agrícola,Santiago de Compostela], Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004. Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009. Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña, RAG, 2012
  2. El cultivo de la alfalfa en zonas húmedas José Jesús García González. Hojas Divulgadoras do Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación, 1984
  3. http://www.britannica.com/EBchecked/topic/14595/alfalfa
  4. http://ddr.nal.usda.gov/bitstream/10113/22014/1/IND23276500.pdf
  5. http://www.uwex.edu/ces/forage/wfc/proceedings2001/understanding_autotoxicity _in_alfalfa.htm
  6. 6,0 6,1 http://www.kansasruralcenter.org/publications/alfalfa.pdf
  7. http://www.caf.wvu.edu/~forage/library/forglvst/bulletins/salfalfa.pdf
  8. Plinio el Viejo: Historia natural XVIII, 43 (en inglés).
  9. http://www.uaex.edu/Other_Areas/publications/PDF/FSA-4000.pdf
  10. http://www.hayusa.net/alfalfa.html
  11. Lane Fox, Robin (2005): El mundo clásico. La epopeya de Grecia y Roma. – Crítica, Barcelona, 2007, p. 180. ISBN 978-84-8432-898-8
  12. http://cookeatshare.com/ingredients/alfalfa-sprouts
  13. <http://alfalfa.ucdavis.edu/IrrigatedAlfalfa/pdfs/UCAlfalfa8305Industrial_free.pdf
  14. http://cmgm.stanford.edu/~mbarnett/genome.htm
  15. https://portal.sciencesocieties.org/Downloads/pdf/B40724.pdf
  16. http://alfalfa.ucdavis.edu/-files/pdf/alfalfaFactSheet.pdf
  17. ’’El cultivo de la alfalfa en zonas húmedas’’ José Jesús García González. ‘’Hojas Divulgadoras’’ do Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación, 1984
  18. Sinónimos en The Plant List, Kew Gardens
  19. Font Quer, Pío : Plantas Medicinales - El Dioscórides Renovado, Editorial Labor, Barcelona, 1980, p.367-368.
  20. (PASSE). 2008. Pag. 73 a 75
  21. Nomes vulgares en diferentes fontes: Vocabulario do medio agrícola,Santiago de Compostela], Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004. Vocabulario de ciencias naturais. Santiago de Compostela, Xunta, 1991. Gran dicionario Xerais da lingua galega. Vigo, Xerais, 2009. Diccionario da Real Academia Galega. A Coruña, RAG, 2012
  22. ’’El cultivo de la alfalfa en zonas húmedas’’ José Jesús García González. ‘’Hojas Divulgadoras’’ do Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación, 1984
  23. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Alfalfa
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alfalfa