Fibra alimentaria
| Artigo nos seus primeiros pasos. Esta páxina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nela para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. (Se fose posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico.) |
En alimentación e nutrición denomínase fibra alimentaria, ás veces tamén chamada fibra dietética, ás partes das plantas comestíbeis que resisten a dixestión e absorción no intestino delgado humano e que experimentan unha fermentación parcial ou total no intestino groso. Está formada por un conxunto de compostos químicos de natureza heteroxénea (polisacáridos, oligosacáridos, lignina e outras substancias análogas).
Desde o punto de vista nutricional, e en sentido estrito, a fibra alimentaria non é un nutriente, xa que non participa directamente nos procesos metabólicos básicos do organismo. Porén, desempeña funcións fisiolóxicas sumamente importantes, como estimular a peristalse intestinal.
A razón pola que o organismo humano non pode procesala débese a que o aparato dixestivo non dispón de enzimas que poidan hidrolizala, como corre nalgúns grupos de animais, como os ruminantes ou os insectos xilófagos. Pero iso non significa que a fibra alimentaria pase intacta a través do aparato dixestivo: aínda que o intestino no dispón de enzimas para dixerila, os enzimas da flora bacteriana fermentan parcialmente a fibra e a descompoñen en diversos compostos químicos: gases (hidróxeno, dióxido de carbono e metano) e ácidos graxos de cadea curta (acetato, propionato e butirato). Estes últimos poden exercer unha función importante no organismo dos seres vivos.
A fibra alimentaria encóntrase unicamente en alimentos de orixen vexetal pouco procesados tecnoloxicamente, como os cereais, froitas, verduras e legumes.
Índice |
Tipos de fibra alimentaria [editar]
Distínguense dous tipos tipos de fibra alimentaria:
- Fibra alimentaria insolúbel: é a fibra que a maioría das persoas coñece. Dentro dos alimentos ricos en fibra alimentaria insolúbel destacan as froitas, verduras, legumes e os cereais integrais. A celulosa, a hemicelulosa, a lignina e o amidón resistente son fibras alimentarias insolúbeis.
- Fibra alimentaria solúbel: a fibra solúbel forma unha especie de xel moi saudábel no intestino. Como alimentos ricos en fibra alimentaria solúbel temos as espinacas, os froitos secos, os cereais (especialmente a avea), legumes (garabanzos, lentellas, fabas, ervellas), froitas como a papaa, a pel da mazá, o mango ou os albaricoques secos, etc. A inulina, as gomas, os mucílagos, as pectinas e os oligosacáridos da frutosa son fibras alimentarias solúbeis.
| Tipo de Fibra | Alimentos | Beneficios |
|---|---|---|
| Fibra insolúbel | Son alimentos ricos en fibra insolúbel a fariña integral de trigo, o farelo, (alimentos integrais), as ervellas, o repolo e as froitas maduras (manzás, cítricos) |
|
| Fibra solúbel | Son alimentos ricos en fibra solúbel a avea, a papaia, as ameixas, a cenoura, os cítricos, as fabas, lentellas e garabanzos. |
|
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Fibra alimentaria. Su función en una dieta sana (en castelán) Consultada o 9/5/2012.
- Fundación Alimentación Saludable (Consultada o 23.06.2012)