Xénero (bioloxía)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O xénero é unha unidade sistemática das clasificacións por categorías taxonómicas.
Compónse de especies (aínda que existen xéneros monoespecíficos) e, en moitos casos, constitúe un grupo tan natural que é de dominio vulgar: o xénero Pinus, integrado por numerosas especies de piñeiros que usualmente teñen unha nomenclatura binomial semellante á biolóxica (piñeiro albar, piñeiro negral, piñeiro carrasco, etc.), é unha unidade "xenérica" en sentido corrente.
O nome xenérico ten de ser un sustantivo, sen que existan regras precisas para a súa desinencia.
O concepto de xénero e a propia verba foron establecidos por Tournefort. Carl von Linné aceptounos, concretando así o seu pensamiento: "Hai tantos xéneros coma fructificacións semellantes producidas por diversas especies naturais" (Palau, na tradución da Phylosophya botanica, de Linneo, p. 84). Orixinariamente Linneo e os botánicos da súa escola estableceron os xéneros sobre a base dos caracteres da fructificación.
Na actualidade, para o establecemento de xéneros tómanse multitude de caracteres. Por exemplo, tratándose de plantas superiores considéranse a morfoloxía xeral da flor, a filotaxe, a anatomía, etc.
Ao igual que ocorre con outros niveis, na taxonomía dos seres vivos, e debido á enorme dificultade á hora de clasificar certas especies, varios xéneros poden agruparse en superxéneros, e os individuos dun xénero poden organizarse en subxéneros. Estes, á súa vez, poden organizarse en infraxéneros.
[editar] Niveis de Clasificación
| Familia |
| [Subfamilia]
[Infrafamilia] [Tribo] |
| [Superxénero] |
| Xénero |
| [Subxénero] [Infraxénero] |
| Especie |
| [Subespecie] |
NOTAS:
- Os niveis obrigatorios marcáronse con fondo rosa.
- A clasificación ordéase de xeral a concreto.
|
|
|
|---|---|
| Conceptos base | Sistemática · Taxonomía · Cladística · Clasificación científica · Filoxenia |
| Taxa | Dominio · Reino · Filo · División · Clase · Orde · Familia · Xénero · Especie · Subespecie · Cultivar |
| Conceptos asociados | Organismo · Taxon · Clado · Fenética · Árbore filoxenética · Orixe común · Taxonomía de Lineu · Zootaxonomía · Sistema dos Tres Dominios · Tipo |
| Normas | Nomenclatura binomial · Código Internacional de Nomenclatura Botánica · Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica · Código Internacional de Nomenclatura de Bacterias · Código Internacional de Nomenclatura de Plantas Cultivadas · Clasificación dos virus · PhyloCode · BioCode |