Xabón
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O xabón é un produto que se utiliza para a hixiene persoal e para lavar determinados obxectos, inclusive utilizado para decorar. Encontrámolo en forma de pastillas, po ou cremas. En sentido estrito, existe unha grande diferenza entre xabón, un deterxente e un xampú.
Hai tamén o xabón de lavandería, usado para lavar roupas.
O xabón xeralmente é o resultado da reacción química entre unha base (xeralmente hidróxido de sodio ou hidróxido de potasio) e algún ácido graxo. Esta reacción é denominada saponificación. O ácido graxo pode ser por exemplo: graxa de porco, aceite de coco ou de oliva e tamén de glicerina. O xabón é solúbel en auga e, polas súas propiedades deterxentes , é usado para lavar.