Pink Floyd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pink Floyd
PinkFloyd1973.jpg
Pink Floyd actuando en Earls Court, 1973
Orixe Cambridge, Inglaterra Flag of England.svg
Período 1965 - 1996
2003 - 2007
Xénero(s) rock progresivo, rock psicodélico
Selo(s) discográfico(s) Capitol, Columbia, EMI
Membros (en 1994)
Nick Mason, David Gilmour e Richard Wright
Antigos membros Syd Barrett, Roger Waters e Bob Klose
Na rede
www.pinkfloyd.co.uk

Pink Floyd foi un grupo británico de música rock. Foron dos primeiros en producir videos e películas musicais a partir dos seus traballos. Nos 70 foron un dos grupos que máis discos vendeu en todo o mundo e foron pioneiros no terreo do son do rock progresivo.

Integrantes[editar | editar a fonte]

  • Syd Barrett (compositor, vocalista e guitarra líder), de 1965/1968
  • Roger Waters (compositor, vocalista e baixista; ocasionalmente guitarra), de 1965/1985.
  • David Gilmour (compositor, vocalista e guitarra líder), de 1968/-
  • Richard Wright (compositor, vocalista e teclista), de 1965/-(a súa pertenza estivo interrompida de 1979 a 1987).
  • Nick Mason (batería, percusionista, ocasionalmente compositor e vocalista), de 1965/-.
  • Bob Klose (guitarra líder), 1965

Historia[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

Pink Floyd naceu o 5 de xuño de 1964 a partir dunha banda anterior que empregou distintos nomes, (Sigma 6, T-Set, Megadeaths, The Screaming Abdabs, The Architectural Abdabs e The Abdabs), chegando a denominarse The Pink Floyd Sound, para quedarse posteriormente en The Pink Floyd e finalmente só Pink Floyd, publicando o seu primeiro disco en 1967. O nome proven de dous músicos de blues, Pink Anderson e Floyd Council.

Os compoñentes orixinais de Pink Floyd foron: Syd Barrett, Bob Klose, Richard Wright, Roger Waters e Nick Mason. Syd Barrett dominaba a composición influído polo rock psicodélico e o rock surf, o que propiciou a saída do grupo de Bob Klose, máis próximo ao jazz.

O Comezo[editar | editar a fonte]

En 1967, despois de varias sesións instrumentais e presentacións en vivo, principalmente na taberna U.F.O., deciden elaborar o seu primeiro disco The Piper at the Gates of Dawn.

En 1968, Syd Barrett comezou a facerse cada vez máis impredecible e os espectáculos do grupo foron resintindose cada vez máis. Por tal motivo, o grupo chamou ao amigo de Barrett e tamén músico David Gilmour, para asistirlo na guitarra e voces. Barrett compuxo a maior parte do primeiro albume do grupo The Piper at the Gates of Dawn de 1967 e unha pequena parte do segundo albume A Saucerful of Secrets de 1968. Pouco a pouco a figura de Barrett fíxose cada vez máis ausente, ata que finalmente deixou de participar nos traballos có grupo. Os demais compoñentes sempre o recordarían con afecto e chegarían a dedicarlle cancións coma "Wish You Were Here" e "Shine on you crazy diamond". Desta forma comezaron a compoñer e liderar o grupo Gilmour e Waters.

A busca da Experimentación[editar | editar a fonte]

Por eses anos Pink Floyd comeza a recibir propostas para dedicarse á elaboración de bandas sonoras, pola súa destreza e complexidade na composición experimental, debido a iso e para non deixarse encadrar por vertentes ou estereotipos musicais, así coma por esa grande influencia que Syd Barrett deixara neles, deciden involucrarse nun autorrecoñecemento como banda e persoalmente facendo o seu seguinte disco dobre Ummagumma (gravado entre Birmingham e Manchester en 1969), unha mistura de temas en directos por unha parte e experimentos de estudio pola outra na cal cada tema foi composto por cada un dos membros da banda, con temas que ocupaban a metade dunha cara (uns 10 minutos cada un).

En 1970 lanzaron Atom Heart Mother, (número un no Reino Unido), coa colaboración de Ron Geesin. Entre 1969 e 1971, os espectáculos de Floyd foron unha busca de experimentación, onde tocaban cancións que duraban o dobre (como a canción "Embryo" que duraba 4 minutos, e en vivo acadaba unha duración de ata media hora). Ao ano seguinte sacan á luz Meddle (1971), que inclúe "Echoes", de 23 minutos, xerándose a lenda de que está composta tamén coa intención de ser a banda sonora do "Terceiro Acto: Misión a Xúpiter" da película 2001: Unha odisea do espazo. O estilo pop-jazz de "San Tropez", a atmosférica "One of These Days", unha obra clásica cunha voz distorsionada e "Seamus", na que dan renda solta ó seu gusto pola experimentación, están tamén incluídos no disco. Un álbum menos coñecido, Obscured By Clouds, saiu en 1972 como a banda sonora da película La Vallee.

O recoñecemento e a Era Waters[editar | editar a fonte]

A pesar de que Pink Floyd editou poucos sinxelos, coma "Arnold Layne" e "See Emily play", cando produciu o exitoso álbum Dark Side of the Moon (1973), o tema "Money" foi número un nos Estados Unidos e é un dos máis vendidos de tódolos tempos.

Wish You Were Here publicouse en 1975 coma tributo a Syd Barrett. No albume, destacan o tema "Shine On You Crazy Diamond", basicamente instrumental e que recibiu os eloxios da crítica, e "Wish You Were Here", que deu título ao traballo.

En 1979 publicase a ópera rock The Wall, concibida principalmente por Roger Waters, que devolveu a Pink Floyd ás listas de éxitos e que actualmente é o terceiro disco máis vendido na historia. Entre outros, o tema "Another Brick in the Wall, Part II", unha crítica á educación infantil, foi número un e converteuse case nun lema contra o sistema educativo. Con The Wall o grupo fixo unha xira cun colosal montaxe seguindo a historia desta obra conceptual. O albume foi coproducido por Bob Ezrin, que tamén traballara na produción de discos para Alice Cooper e Kiss.

A cara montaxe de The Wall xerou grandes perdas económicas e foi unha pedra máis nos engrenaxes da banda, unido a que se fixo patente o liderado de Roger Waters, creando frecuentes conflitos cos outros membros do grupo e chegando a provocar a saída de Richard Wright.

The Wall é unha obra conceptual cunha historia completa pensada para ser levada ao cine, aínda que ata 1982 non saíu á luz a película "Pink Floyd: The Wall", adaptada polo propio Roger Waters, dirixida por Alan Parker e protagonizada por Bob Geldof, o líder do grupo Boomtown Rats.

En 1983 sacaron o álbum The Final Cut (literalmente "O último corte", que anunciaba o seu último traballo xuntos), que retomaba traballos non incluídos en The Wall. Tamén significou a aparición de cancións relacionadas con temas de actualidade, algo imposto por Roger Waters e que seguiu facendo na súa carreira en solitario, coma o tema "The Fletcher Memorial Home" no que se reflicte a rabia de Waters en relación á intervención británica na Guerra das Malvinas.

A ruptura de Roger Waters[editar | editar a fonte]

Despois de The Final Cut, os compoñentes do grupo separaron as súas carreiras e comezou unha batalla legal polos dereitos da banda, fundamentalmente entre Roger Waters e David Gilmour, xa que mentres o primeiro desexaba a súa desaparición definitiva, o segundo quería continuar o traballo co resto dos membros. Roger Waters abandonou formalmente o grupo en 1985 coa fin de apoiar a súa postura legal respecto á existencia do grupo. Finalmente David Gilmour e Nick Mason conseguiron os dereitos sobre o nome Pink Floyd, aínda que Roger Waters mantivo os seus dereitos sobre gran parte da obra anterior do grupo.

A Era Gilmour[editar | editar a fonte]

Así, en 1987 Pink Floyd publica o álbum A Momentary Lapse of Reason sen Roger Waters, no que tamén participou Richard Wright como músico de sesión. Os temas "Learning to Fly" e "On the Turning Away" acadaron o número un en Estados Unidos e Inglaterra. En 1988 publicaron o álbum Delicate sound of thunder, gravado durante a xira de A momentary lapse of reason. Nel xa figura outra vez Rick Wright coma membro oficial de Pink Floyd.

En 1994 publican The Division Bell. Posteriormente, en 1995, publícase un álbum dobre en vivo chamado P.U.L.S.E., gravado durante a xira de 1994 de The Division Bell. Pink Floyd non volveu a publicar novo material dende entón e aínda que non están oficialmente disolvidos, non hai ningunha declaración oficial sobre novos traballos.

Live 8[editar | editar a fonte]

O 2 de xullo de 2005, tras unha longa historia de pelexas e demandas, Roger Waters reuniuse cos seus antigos compañeiros para unha presentación de só 4 temas no concerto de Live 8. O histórico concerto foi a primeira presentación de Roger Waters coa banda despois de 20 anos de separación. Para o grupo tamén foi o primeiro concerto xuntos tras 10 anos de inactividade.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de Estudio[editar | editar a fonte]

Bandas sonoras[editar | editar a fonte]

Discos en directo[editar | editar a fonte]

  • Tonite Let's all make Love in London (1967)
  • Ummagumma (1969, vivo y estudio)
  • Delicate Sound of Thunder (1988)
  • P*U*L*S*E (1995)
  • Is There Anybody Out There? The Wall Live 1980-1981 (2000)

Recompilacións[editar | editar a fonte]

  • Relics (1971)
  • A Nice Pair (1973)
  • Masters of Rock (1974)
  • A Collection of Great Dance Songs (1981)
  • Works (1983)
  • Shine On (1992, Box Set)
  • The Early Singles (1992)
  • Echoes: The Best of Pink Floyd (2001)

Videografía[editar | editar a fonte]

  • Live at Pompeii
  • Pink Floyd: The Wall
  • Delicate Sound of Thunder
  • P.U.L.S.E.

Colaboradores[editar | editar a fonte]

  • Guy Pratt (baxista e vocalista 87-94)
  • Jon Carin (compositor e multinstrumentista 87-94)
  • Bob Ezrin (produtor, compositor e tecladista)
  • Michael Kamen (orquestador e tecladista; morreu en 2003)
  • Ron Geesin (orquestador e compositor)
  • Sam Brown (apoio vocal)
  • Roy Harper (vocalista de sesión)
  • Dick Parry (saxofón)
  • Scott Page (saxofón e guitarra)
  • Tim Renwick (guitarrista e vocalista en concertos)
  • Gary Wallis (percusionista en concertos)
  • Snowy White (guitarrista en concertos)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]