Metano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metano
Fórmula esquelética estereo do metano con medidas
Identificadores
Número CAS 74-82-8
PubChem 297
ChemSpider 291
Número CE 200-812-7
Número UN 1971
KEGG C01438
MeSH Methane
ChEBI CHEBI:16183
ChEMBL CHEMBL17564
Número RTECS PA1490000
Referencia Beilstein 1718732
Referencia Gmelin 59
3DMet B01450
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular CH4
Masa molar 16,04 g mol−1
Aspecto Gas incoloro
Olor Sen olor
Densidade 0,656 g/L a 25 °C, 1 atm
0,716 g/L a 0 °C, 1 atm
0,42262 g cm−3
(a 111 K)[2]
Punto de fusión 634 °C; 1 173 °F; 907 K
Punto de ebulición 10 893 °C; 19 639 °F; 11 166 K
Solubilidade en auga 22,7 mg L−1
Solubilidade soluble en etanol, dietil éter, benceno, tolueno, metanol, acetona
log P 1,09
kH 14 nmol Pa−1 kg−1
Estrutura
Forma da molécula Tetraédrica
Momento dipolar 0 D
Termoquímica
Entalpía estándar
de formación
ΔfHo298
−74,87 kJ mol−1
Entalpía estándar
de combustión
ΔcHo298
−891,1–−890,3 kJ mol−1
Entropía molar
estándar
So298
186,25 J K−1 mol−1
Capacidade calorífica, C 35,69 J K−1 mol−1
Perigosidade[3]
Pictogramas GHS O pictograma do lume no Globally Harmonized System of Classification and Labelling of Chemicals (GHS)
Palabra sinal GHS DANGER
declaración de perigosidade GHS 220
declaración de precaución GHS 210
EU Index 601-001-00-4
Clasificación da UE Extremadamente inflamable F+
Frases R R12
Frases S S2, S16, S33
NFPA 704
4
1
0
Punto de inflamabilidade −188,0 °C; −306,4 °F; 85,1 K
Temperatura de autoignición 537 °C; 999 °F; 810 K
Límites de explosividade 4,4–17%
Compostos relacionados
alcanos relacionados Ioduro de metilo
Diiodometano
Iodoformo
Tetraioduro de carbono
Etano
Ioduro de etilo

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O metano é un composto de carbono e hidróxeno, de fórmula CH4. É un hidrocarburo, o primeiro membro da serie dos alcanos. É máis lixeiro que o aire, incoloro, inodoro e inflamable. Encóntrase no gas natural (entre un 75% e un 90%), no gas grisú das minas de carbón, nos procesos das refinerías de petróleo, e como produto da descomposición da materia nos pantanos. É un dos principais compoñentes da atmosfera dos planetas Saturno, Urano e Neptuno.

Pode obterse mediante a hidroxenación de carbono ou dióxido de carbono, pola acción da auga con carburo de aluminio ou tamén ó quentar etanoato de sodio cun álcali.

É apreciado como combustible e para producir cloruro de hidróxeno, amoníaco, etino (acetileno) e formaldehido.


Características[editar | editar a fonte]

É un composto molecular, cuxas unidades básicas son grupos de átomos unidos entre si. Consta dun átomo de carbono con catro átomos de hidróxeno unidos a el. A forma xeral da molécula é un tetraedro.

Ten como:

  • punto de ebulición: 111,55 K
  • punto de fusión: 90,6 K
  • ΔHfº gas: -74,87 KJ/mol
  • ΔGfº gas: -50,828 KJ/mol.K
  • Sº gas: 188 J/mol.K

Ademais tamén é un gas de efecto invernadoiro moi efectivo, cunha concentración atmosférica actual de 1,7 ppm.

Orixe[editar | editar a fonte]

As súas principais orixes son:

  • Descomposición dos residuos orgánicos por bacterias.
  • Fontes naturais (pantanos): 23%.
  • Extracción de combustibles fósiles: 20% (tradicionalmente queimábase e emitía directamente. Hoxe en día se intenta almacenar para reaproveitalo formando o chamado gas natural).
  • Os procesos na dixestión e defecación de animais: 17% (especialmente do gando).
  • As bacterias en plantacións de arroz: 12%.
  • Dixestión anaeróbica da biomasa.
  • Materia viva vexetal: as plantas e árbores emiten grandes cantidades de gas metano.

O 60% das emisións en todo o mundo son de orixe antropoxénico. Proceden principalmente de actividades agrícolas e outras actividades humanas.

Son da familia homóloga -CH2 metileno

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "methane (CHEBI:16183)". Chemical Entities of Biological Interest. UK: European Bioinformatics Institute. October 17, 2009. Consultado o October 10, 2011. 
  2. "Gas Encyclopedia". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o November 7, 2013. 
  3. "Safety Datasheet, Material Name: Methane". USA: Metheson Tri-Gas Incorporated. December 4, 2009. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2018. Consultado o December 4, 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]