Subsidio agrícola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cultivo de viñedo en Ribadavia.

O subsidio agrícola é a axuda dada ás producións agrícolas por parte das instituións. As axudas poden ser de distintos tipos, pero poderían resumirse en dous grupos fundamentais:

  • Axudas directas (por quilos, superficies, cabezas de gando, etc).
  • Axudas indirectas (rebaixa de impostos sobre produtos ou gastos necesarios para a actividade agraria).

Dentro da Unión Europea, a agricultura está subvencionada ou subsidiada, tendo un gran peso nas rendas dos agricultores en certos produtos. A Unión Europea a través da PAC (Política Agraria Común) e das OCM (Organizacións Comúns de Mercados), regula e subvenciona de distintos modos as producións agrícolas. Isto faino principalmente a través de 3 mecanismos:

  • Intervención (compra de producións ós agricultores cando os prezos no mercado UE baixan de certo prezo marcado previamente).
  • Axudas directas a superficies (por hectárea) ou cabezas de gando.
  • Axudas para o intercambio con terceiros países (restitucións á exportación).