Selección natural

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Selección natural é o proceso esencial da evolución proposto por Charles Darwin e xeralmente aceptado pola comunidade científica como a mellor explicación para a adaptación e especialización, como se evidencia no rexistro fósil. Outros mecanismos de evolución inclúen deriva xenética, fluxo xénico e presión de mutación.

Introdución[editar | editar a fonte]

O concepto básico de selección natural é que as condicións ambientais (isto é, a "natureza") determinan (ou "seleccionan") que determinada característica dun organismo axuda na supervivencia e reprodución dese organismo; organismos que non posúen esas características poden morrer antes de se reproduciren ou seren menos prolíficos que os organismos que presentan a determinada característica. Á medida que as condicións ambientais non varíen, ou permanezan suficientemente similares, esas características continúan a ser adaptativas e tornaranse máis comúns na poboación. A perda do nicho ecolóxico dunha especie ou o exceso de individuos en determinada área criado polo crecemento poboacional poden mudar drasticamente as características adaptativas necesarias para a supervivencia - nesas condicións, ou en calquera outra en que a supervivencia sexa determinada máis polas condicións ecolóxicas que polas características sexuais secundarias, dise que está ocorrendo unha selección ecolóxica. Esta expresión utilízase tan só para diferenciar procesos que non din nada respecto ao acto do apareamento e é de uso recente, desenvolvéndose dentro do propio campo da ecoloxía).

A teoría de Darwin da evolución das especies pola selección natural comeza coa premisa de que unha característica do organismo varía de modo non-determinístico entre pais e fillos, nun proceso que Darwin chamou de "individuación". Esa teoría non fai ningunha alegación particular sobre como se dá ese proceso, aínda que descubertas científicas posteriores en xenética expliquen diversos mecanismos polos cales iso ocorre na reprodución: tanto na reprodución asexual como na sexual, mutacións aleatorias (incluíndo erros de transcrición de ADN); no caso da reprodución sexual (que mestura o ADN dos pais no da prole), fluxo xénico e deriva xenética son tamén mecanismos importantes. A competición (normalmente entre machos para fecundar a femia) por parceiros leva á selección sexual - un proceso que Darwin consideraba secundario á ecolóxica para a maioría das especies.

A selección natural non distingue entre selección ecolóxica e selección sexual, na medida que se refire ás características, por exemplo, destreza de movemento, nas cales ambas as dúas poden actuar simultaneamente. Se unha variación específica torna o descendente que a manifesta máis apto á supervivencia e á reprodución ben sucedida, ese descendente e a súa prole terán máis posibilidades de sobrevivir que os descendentes sen esa variación. As características orixinais, ben como as variacións que son inadecuadas dentro do punto de vista da adaptación, deberán desaparecer conforme os descendentes que as posúen sexan substituídos polos parentes máis exitosos.

Así, certas características son preservadas debido á vantaxe selectiva que confiren aos seus portadores, permitindo que un individuo deixe máis descendentes que os individuos sen esas características. Eventualmente, a través de varias iteracións deses proceso, os organismos poden desenvolver características adaptativas cada vez máis complexas.

Mecanismos da selección natural[editar | editar a fonte]

O que fai que unha característica teña máis probabilidade de permitir a supervivencia do seu portador depende moito de factores ambientais, incluíndo predadores da especie, fontes de alimentos, estrés abiótico, ambiente físico e así por diante. Cando os membros dunha especie se separan xeograficamente, enfrontan diferentes ambientes e tenden a evolucionar en diferentes direccións. Despois dun longo tempo, esas características poderán terse desenvolvido en diferentes vías de tal xeito que xa non poderán intercruzarse, nun punto que serán considerados como de especies distintas. Esa é a razón dunha especie, por veces, separarse en múltiplas especies, en vez de simplemente ser substituída por unha nova (a partir diso Darwin suxeriu que todas as especies actuais evolucionaron dun devanceiro común).

Alén diso, algúns científicos especulan que unha adaptación que pode permitir ao organismo ser máis adaptable no futuro tende a se espallar mesmo que non proporcione ningunha vantaxe específica a curto prazo. Os descendentes deses organismos serán máis variados e así máis resistentes á extinción por catástrofes ambientais e eventos de extinción. Iso foi proposto como un dos motivos para o xurdemento dos Mammalia. Aínda que esa forma de selección sexa posible (aínda que altamente discutible), debe desempeñar un papel máis importante nos casos en que a selección por adaptación é continua. Por exemplo, na hipótese da Raíña de Copas, suxírese que o sexo debe ter evolucionado de modo que axude aos organismos a se adaptaren contra parasitos.

A selección natural pode ser expresa como a seguinte lei xeral (tirada da conclusión d' A orixe das especies):

  1. SE hai organismos que se reproducen e
  2. SE os descendentes herdan as características dos seus proxenitores e
  3. SE hai variación nas características e
  4. SE o ambiente non soporta todos os membros dunha poboación en crecemento,
  5. ENTÓN aqueles membros da poboación con características menos adaptativas (determinadas polo ambiente) morrerán e
  6. ENTÓN aqueles membros con características máis adaptativas (determinadas polo ambiente) prosperarán

O resultado é a evolución das especies.

Debe ser observado que iso é un proceso continuo: explica como as especies mudan e pode explicar tanto a extinción canto o xurdimento de novas especies.

Alcance da selección natural[editar | editar a fonte]

Debe ser observado que a lei arriba exposta non se aplica soamente a organismos biolóxicos; aplícase a calquera organismo que se reproduce de modo a envolver tanto a hereditariedade como a variación. Así, un tipo de selección natural pode ocorrer no reino do non biolóxico (ver, por exemplo, Programación xenética). Digno de nota tamén é que esa formulación non elimina a ocorrencia da selección en todos os niveis biolóxicos (e.g. xenes, organismos, grupos). Por fin, débese salientar que o proceso particular de introdución de novas características non é importante.

Darwin esbozou súa teoría primeiramente en dous manuscritos non publicados escrito en 1842 e 1844, sendo máis completamente desenvolvido n A orixe das especies, especialmente no capítulo 4, no que escribiu:

Pódese dicir que a selección natural realiza o seu escrutinio día a día, hora a hora, polo mundo, de calquera variación, mesmo as máis sutís; rexeitando aquelas que son ruíns e preservando e facendo prosperar todas as que son boas; traballando silenciosa e imperceptibelmente, onde e cando xurdir a oportunidade na mellora de cada ser orgánico en relación a súas condicións orgánicas e inorgánicas de vida. Non vemos nada dese lento progreso, ata que os punteiros do reloxo das eras teñan marcado un longo lapso de tempo e así tan imperfecta é a nosa visión sobre o profundo paso das eras xeolóxicas que todo o que podemos ver é que as formas de vida son agora diferentes daquelas que existían antes.

Darwin termina seu libro cunha pasaxe frecuentemente citada: "Hai grandiosidade nese modo de ver a vida, con súas diversas forzas, tendo xurdido a partir dunhas poucas formas de vida ou dunha única; e que, encanto este planeta ten orbitado de acordo coas leis fixas da gravidade, dun inicio tan simples infinitas formas máis belas e marabillosas evolucionaron, e continúan a evolucionar."

Impacto da teoría[editar | editar a fonte]

Talvez a afirmación máis radical da teoría de Darwin da evolución a través da selección natural é que "formas intrincadamente construídas, tan diferentes unha das outras, e interdependente dun modo tan complexo" evolucionaron de formas de vida máis simples e segundo uns poucos principios.

É esa afirmación fundamental que inspirou algúns dos defensores máis ardorosos -e que provocou a oposición máis profunda-. Algúns grupos prefiren acreditar na intervención ou no direccionamento divino do proceso, como aqueles que defenden a escola de pensamento do proxecto intelixente. Por outra banda, moitas teorías de selección artificial foron propostas suxerindo que os factores de aptitude [adaptación] económica e social atribuídos por outros seres humanos ou polo seu ambiente construído son de certa forma biolóxicos ou inevitábeis - Darwinismo social. Outros sustentan que houbo unha evolución de sociedades análoga a aquela das especies. As ideas de Darwin, xuntamente coas de Freud e Marx, son consideradas por moitos historiadores como tendo unha profunda influencia no pensamento do século XIX e desafiado as escolas de pensamento racionalista e o fundamentalismo relixioso que prevalecían en Europa.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outras páxinas[editar | editar a fonte]