Testículo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Testículo
Gray1144.png
Diagrama dos testículos humanos
Male genitals.jpg
Testículos dentro da bolsa escrotal
Latín testis
Gray's asunto #258 1236
Arteria Arteria testicular
Vea Vea testicular, Plexo Pampiniforme
Nervio(s) Plexo espermático
Linfa Ganglios linfáticos lumbares
Dorlands/Elsevier Testicle

Os testículos son cada unha das dúas gónadas masculinas, produtoras dos espermatozoides e das hormonas sexuais masculinas (testosterona). Son os órganos glandulares que forman a parte máis importante do aparato reprodutor masculino.

Anatomía do testículo[editar | editar a fonte]

  • Situación; os testículos están situados baixo do pene, entre as dúas coxas, por diante do perineo. Están envoltos por un conxunto de cubertas con forma de bolsa, chamada escroto. As dúas gónadas non ocupan o mesmo nivel, xa que na maioría dos homes o testículo esquerdo baixa un pouco máis que o dereito. Están suspendidos do seu extremo inferior polo cordón espermático e están desprovistos de adherencias na maior parte da súa superficie exterior, polo que resultan moi móbeis en todos os sensos.
  • Migración dos testículos: no home, como no resto de mamíferos, os testículos proceden do interior da cavidade abdominal, a dereita e esquerda da columna lumbar, ao lado dos riles. No terceiro mes do desenvolvemento fetal, os testículos abandonan esta rexión e descenden polo conduto inguinal, atravesando a parede abdominal, arrastrando consigo as bolsas que os envolven ata a súa posición definitiva. O descenso incompleto dos testículos chámase criptorquidia.
  • Número: os testículos son dous, un no lado dereito e outro no lado esquerdo. Anormalmente pode existir un só testículo por ausencia de desenvolvemento do outro. Cando tamén falta o epidídimo e o conduto deferente, chámase monorquidia; cando faltan os dous testículos chámase anorquidia.
  • Tamaño: nos cativos o tamaño dos testículos é relativamente pequeno (de 1 a 2 cm de lonxitude). Na puberdade e ata a adolescencia crecen ata alcanzar entre 3 e 6 cm de lonxitude e entre 2 e 3 cm de ancho. Este tamaño consérvase máis ou menos estable durante toda a vida, aínda que ás veces se percibe unha lixeira atrofia na vellez ou un lixeiro aumento de tamaño debido ao consumo de esteroides. O tamaño desmesurado dos testículos débese na maioría das ocasións a unha hidrocele (acumulación de líquido na túnica serosa do testículo).
  • Cor, forma e consistencia: os testículos son de cor branca azulada, ás veces vermella cando están cheos de sangue. Esta coloración débese ás bolsas que os envolven. O testículo ten forma ovoide achairado en senso transversal. Ten unha consistencia dura e algo elástica debido á capa fibrosa que o rodea.

Estrutura do testículo[editar | editar a fonte]

Corte transverso dun testículo
Sinónimos
  • Testes
  • Glándulas sexuais masculinas
  • Gónadas masculinas
  1. Condutos rectos
  2. Rede de Haller
  3. Conos eferentes
  4. Epidídimo

Bolsas dos testículos[editar | editar a fonte]

Son un conxunto de cubertas que rodean aos testículos; de dentro a fóra son:

Vascularización dos testículos[editar | editar a fonte]

  • Arterias: os testículos están irrigados polas arterias espermáticas, a arteria deferente e a arteria funicular.
  • Veas: están drenados polas veas espermáticas. Cando se obstrúen producen o varicocele.
  • Vasos linfáticos