Retina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retina
Human eye cross-sectional view grayscale.png
Visión transversal do ollo dereito humano. Cortesía NIH National Eye Institute
Eye Diagram without text.gif
Esquema do ollo humano, mostrando a retina (H) e o nervio óptico (G)
Gray's asunto #225 1014
Arteria arteria retinal central
MeSH Retina
Dorlands/Elsevier Retina

Retina é unha parte do ollo dos vertebrados responsábel da formación de imaxes. É como unha pantalla onde se proxectan as imaxes: retén as imaxes e tradúceas para o cerebro a través de impulsos eléctricos enviados polo nervio óptico.

Organización[editar | editar a fonte]

En cada retina hai cerca de 100 millóns de foto-receptores (conos e bastonetes) que libertan moléculas neurotransmisoras a unha taxa que é máxima na escuridade e diminue, dun modo proporcional (logarítmico), co aumento da intensidade luminosa. Ese sinal é transmitido despois á cadea de células bipolares e células ganglionares.

Existen cerca de 1 millón de células ganglionares e son os seus axóns os que constitúen o nervio óptico. Hai, por tanto, cerca de 100 foto-receptores por cada célula ganglionar; no entanto, cada célula ganglionar recibe sinais que proveñen dun «campo receptivo» na retina, aproximadamente circular, que abranxe millares de fotorreceptores.

A estrutura celular da retina (á dereita, 1 cono e 9 bastonetes; ao centro, 2 células bipolares; á esquerda, 3 axonios de células ganglionares que pertencen ao nervio óptico).

Entre os fotorreceptores e as células bipolares, hai unha camada de células horizontais (a amarela na figura) ligadas a eles e ligadas entre si de modo que o potencial de cada unha delas é unha media pesada do das suas veciñas (sendo o peso das mais proximas maior). Cada célula bipolar recibe entradas dun fotorreceptor e dunha célula horizontal e produce un sinal que é proporcional á diferenza entre os sinais logarítmicos producidos polas duas células; o que equivale a dicir que é un sinal con moita menor gama dinámica, porque é unha razón entre a intensidade local e a iluminación de fondo na veciñanza, independentemente, por iso, do nivel absoluto de iluminación. Como resultado diso, áreas grandes da retina con iluminación uniforme producen sinais moi febles, en canto áreas de maior variación, como é o caso dos contornos dos obxectos, resulta en sinais fortes. Ou sexa, a retina detecta esencialmente variacións de luminosodade.

O sistema de fotorreceptores responde a unha alta gama dinámica -con variacións de iluminación de 1 para 1 millón. Os bastonetes son só sensíbeis a baixos niveis de iluminación, mais os conos, que son sensíbeis a altos niveis de iluminación, responden dentro dunha gama de intensidades que varía coa iluminación media da escena observada. É iso o que nos fai sentir ofuscados cando a intensidade luminosa aumenta de repente.

As células bipolares teñen unha gama dinámica moito mais baixa -só precisan de responder a un sinal proporcional á razón entre a intensidade local e a iluminación de fondo. Deste mecanismo sensorial resulta un efecto de adaptación enorme.

Como as células horizontais teñen unha resposta relativamente lenta, cando un fotorreceptor detecta un objecto en movemento, elas ainda teñen información sobre a situación anterior; e iso fai que o sinal de saída das células bipolares, que pasa despois a través da camada das células amacrinas (camada violeta na figura) para as células ganglionares, conteña información útil para a detección de movemento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]