Suffolk (ovella)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplar de femia de suffolk, nunha feira gandeira de Dunblane.

A suffolk é unha raza de ovella de cabeza escura, moi popular en Gran Bretaña, en Australia e nos Estados Unidos.

Características[editar | editar a fonte]

A suffolk é unha raza cruzada entre carneiros de southdown e femias de norfolk de cornos. É unha ovella de tamaño medio, con carneiros adultos que acadan entre os 115 e os 160 kgs., e femias que se moven entre os 80 e os 115 kgs. Caracterízase pola súa cabeza negra e sen cornos, sen la, pero cuberta de pelo. O fociño é alongado e romo, e as orellas, de tamaño medio, caen aos lados da cabeza cara adiante, facendo ángulo coa boca. A la é branca.

As patas, non demasiado longas, son tamén escuras.

Historia[editar | editar a fonte]

As suffolk orixinarias foron o resultado do cruzamento de carneiros de southdown con ovellas de norfolk de cornos, cruzamentos que se comezaron a realizar na área de Suffolk, en Inglaterra. Era unha ovella que se adaptaba ben ao sistema tradicional de gandaría extensiva no inverno e de granxa no verán. En 1810 recoñécese a raza como tal, pero aínda tardan en formarse os primeiros rabaños. En 1886 a Sociedade Inglesa das Suffolk organiza o primeiro libro de rexistro da raza.

En 1888 comezan as exportacións de ovellas suffolk aos Estados Unidos, pero non se expande realmente ata a partir de 1919.

Rendibilidade[editar | editar a fonte]

Cabeza de femia de suffolk, coas orellas en ángulo coa boca

A raza, primeiramente dedicada á produción de carne, ofrece tamén uns bos rexistros de produción de la: un exemplar adulto de suffolk acada entre 2,2 e 3,6 kgs.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]