Céspede
O céspede, herba ou pasto é o nome dunha ducia de especies de gramíneas (familia Poaceae) que medran formando unha cuberta densa. Utilízanse como plantas ornamentais en prados e xardíns ou como terreo para a práctica de diversos deportes e actividades recreativas.
Índice |
Subtipos de céspede [editar]
Entre as máis frecuentes atópanse:
- En climas tépedos e húmidos:
- Agrostis stolonifera: céspede de Cumberland.
- Agrostis tenuis: agróstide común.
- Armeria maritima: céspede francés ou clavelina de mar.
- Festuca arundinaceae: festuca alta.
- Festuca rubra: en particular a subespecie festuca rubra subsp. conmutata: cañuela vermella, festuca vermella.
- Lolium perenne: raigrás inglés, céspede inglés ou ballico.
- Poa nemoralis: poa dos bosques.
- Poa pratensis: poa dos prados, pasto azul de Kentucky ou grama de prados.
- Poa trivialis: poa común.
- En climas secos ou subtropicales:
- Cynodon dactylon: céspede das Bermudas ou gramilla.
- Stenotaphrum secundatum: herba de San Agustín ou céspede de San Agustín.
- Paspalum notatum: herba baía ou céspede baía.
- Pennisetum clandestinum: kikuyo ou céspede africano.
- Zoysia japonica:
- Axonopus compressus: 'grama' brasileira.
Céspede nos deportes [editar]
O céspede é moi importante en moitas competicións deportivas; cabería destacar aquelas que se celebran en recintos abertos, ao aire libre. Particularmente o céspede é o elemento utilizado no deporte máis seguido do mundo, o fútbol; o céspede natural é o elemento que se esixe por parte da FIFA e a UEFA en todos os estadios onde se celebren eventos deportivos adscritos a elas. Ademais é fundamental en deportes tan coñecidos como o rugby, o golf, o béisbol, o hockey sobre céspede, ou o tenis, onde actualmente dispútase nesta superficie o torneo máis importante e prestixioso: o Torneo de Wimbledon.
Galería [editar]
-
Un céspede ben podado en Bristol.
-
Herbas altas crecendo salvaxes en Lyme Park.
-
Nalgúns lugares, mesmo pequenas áreas de pasto son valiosas para a alimentación animal. (Alpes suízos).
-
A herba ten un importante papel na agricultura.