Santo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teresa de Ávila, pintura de Rubens. Santa Teresa de Xesús.

Os santos (do latín sanctus, -i, de sanctus, -a, -um, 'sagrado', 'venerado'; en grego αγίος (hagíos); en hebreo qâdosh, 'elixido por Deus') son homes ou mulleres distinguidos nas diversas tradicións relixiosas polas súas atribuídas relacións especiais coas divindades.

Estas relacións conducen a unha especial distinción dos suxeitos polas súas calidades en especial morais, e este sentido presérvase en tradicións espirituais no necesariamente teístas.

A influencia dun santo supera o ámbito da súa relixión cando a aceptación da súa moralidade adquire compoñentes universais: por exemplo, é o caso de Teresa de Calcuta ou de Gandhi e, en xeral, polo menos até certo punto, de todo os fundadores das grandes relixións.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]