Leiterena frondosa
| Euphorbia esula | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| ''Euphorbia esula'' L. |
|||||||||||||||
A leiterena frondosa ( Euphorbia esula) é unha especie de Euphorbia, nativa[1][2]dos Azores, sur e centro de Europa, incluíndo Galicia[3], e gran parte de Asia: Oriente Medio, Cáucaso, Siberia oriental, China, Corea, tamén está presente como especie naturalizada no Canadá, os Estados Unidos, México, Dinarmaca, Noruega e o Reino Unido,s[4]
Índice |
Características[editar]
É unha planta perenne herbácea que medra ata 1-1,2 metros de altura, con talo ramificado desde a base, os talos son lisos ou lixeira, ou completamente, pilosos. As follas son pequenas, lanceoladas de entre 4 e 8,5 cm de longo e 1 cm de largo, cun bordo lixeiramente ondulado. As flores son pequenas, producidas en umbelas cun par basal de brácteas semellantes a pétalos de cor amarelo verdoso brillante. Os acios de brácteas aparecen a fins da primavera, mentres as flores reais non se desenvolven ata o principio do verán. Todas as partes da planta conteñen o látex, líquido leitoso tóxico.[4][5]
Reprodúcese por sementes que teñen unha taxa alta de xerminación e que poden seguir sendo viables no terreo cando menos durante sete anos. As cápsulas da semente abren explosivamente, esparexendo a semente ata cinco metros da planta de orixe, e por medio da auga ou da fauna poden chegar moito máis lonxe. Tamén pode propagarse vexetativamente desde a raíz, que é complexa, chegando a se introducir ata 8 metros dentro da terra e cun largo de 5, e cpode ter numerosos abrochos.[6]
Existen dúas subespecies e un híbrido:[1][4]
- Euphorbia esula subsp. esula. As follas son máis largas preto do ápice; brácteas 5–15 mm.
- Euphorbia esula subsp. tommasiniana (Bertol.) Kuzmanov (syn. E. waldsteinii (Sojak) A.R.Smith; E. virgata Waldst. & Kit.). As follas mías amplas no medio; brácteas 12–35 mm. Oriente de Europa, occidente de Asia.
- Euphorbia esula nothosubsp. pseudovirgata (Schur) Govaerts. Híbrida entre as dúas subespecies.
Especie invasiva[editar]
Chegou a América do Nortea comezos do século XIX desde Europa dentro de lotes de sementes agrícolas, entrando en competencia coas plantas indíxenas en especial nas praderías, acaparando a auga e os nutrimentos, e producindo toxinas que impiden o crecemento doutras plantas ao seu arredor. Por esta razón está identificada como unha herba danosa en varios parques nacionais e en reservas naturais de once estados e clasificada como especie invasiva polo Departamento de Agricultra dos Estados Unidos.[6][7] En Europa tamén é danosa localmente, así nas zonas praderías inundables do Val de Saône é unha ameaza para unha quincena de plantas protexidas [8].
Pola súa natureza persisnte a a súa capacidade de se rexenerar a partir de pequenos fragmentos das súas raíces, é moi difícil de erradicar, existindo programas de control biolóxico [9]. tamén se empregan varios herbicidas sistemáticos.
Notas[editar]
- ↑ 1,0 1,1 Germplasm Resources Information Network: Euphorbia esula
- ↑ Flora Europaea: Euphorbia esula
- ↑ María Inmaculada Romero Buján Catálogo da Flora de Galicia
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Blamey, M. & Grey-Wilson, C. (1989). Flora of Britain and Northern Europe. ISBN 0-340-40170-2
- ↑ Huxley, A, ed. (1992). New RHS Dictionary of Gardening. ISBN 0-333-47494-5
- ↑ 6,0 6,1 U.S. National Park Service description
- ↑ Species Profile - Leafy Spurge (Euphorbia esula), National Invasive Species Information Center, National Agricultural Library
- ↑ Revue de l'ONCFS (Faune sauvage, Avril 2008)
- ↑ "War on Weeds," Rails to Trails Magazine, Spring 2004, p. 3