Lactosa
A lactosa é un disacárido formado pola unión dunha glicosa e unha galactosa.Tamén recibe a denominación de lactina, lactobiosa, 4-Beta-D-piranosil-D-glicosa ou azucre do leite posto que se atopa presente nel. Realmente na súa formación interveñen dous monosacáridos: a Beta-galactopiranosa e unha Beta-glucopiranosa, unidas polo Carbono 1-4 (desta reacción obtense unha molécula de auga).
Características [editar]
É un sólido cristalino, xeralmente branco, soluble en auga e insoluble alcois. O seu sabor é doce , obtense por concentración e cristalización do soro do leite dos mamíferos cunha molécula de hidratación e a súa masa molar é de 360.32 g/mol.
Denomínase azucre do leite por aparecer nel nunha proporción do 4 ó 5%. No caso dos humanos é necesaria a presenza do enzima lactase para a súa correcta absorción. Cando o organismo non é capaz de asimilala correctamente padécense unha serie de síntomas que determinan unha intolerancia á lactosa. A intolerancia á lactosa é unha enfermidade da mucosa intestinal causada pola carencia de dita enzima. Os seus principais síntomas son: a dor abdominal, a flatulencia,a perda de peso, a diarrea... que se solucionan cunha dieta privada en produtos que posúan esta substancia.
É un elemento primordial na dieta dos mamíferos lactantes, utilízase en multitude de produtos da industria alimentaria, na fabricación de lévedos e proteínas comestibles, na industria farmacéutica e como absorbente en cromatografía.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||