Ocaso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Solpor en Muxía
Diagrama do Sol ao solpor, mostrando os efectos da refracción atmosférica.

Un astro está no ocaso cando atravesa o plano do horizonte pasando do hemisferio visible ao non visible -nas latitudes meridionais-, é dicir, cando a súa altura é cero en relación á liña do horizonte, pasando de positiva a negativa. No caso do Sol chamase solpor e determina o fin do día. O antónimo de ocaso é orto.

Na Grecia clásica as deusas do solpor eran as Hespérides (Hesperis era a personificación da Noite), mentres que Aurora era a deusa do amencer.

Tecnicamente o ocaso comeza cando o limbo inferior da esfera helíaca toca e desaparece tanxente ao horizonte oeste local, e remata cando o limbo superior da esfera helíaca desaparece tanxente ao horizonte oeste local.

O crepúsculo que ocorre despois do solpor é coñecido informalmente como "entre lusco e fusco" (entre o día e a noite).

As estrelas circumpolares ao estar situadas nas latitudes homónimas (circumpolares) non teñen ocaso nin orto. En relación ao Sol nas latitudes polares prodúcese unha noite de seis meses (non se ve o Sol no ceo) e un día de outros seis (o Sol esta sempre por riba do horizonte), isto é, o orto ou o ocaso coincide cos equinoccios (de primavera e outono), e o mediodía ou a medianoite coincide cos solsticios de verán e inverno. Así, no polo norte o orto prodúcese co equinoccio de primavera, o mediodía co solsticio de verán, o ocaso co equinoccio de outono, e a medianoite co solsticio de inverno (no polo sur é a inversa).

Co transcurso do ano, o Sol vai cambiando o lugar por onde se pon nas latitudes medias. Nos equinoccios ponse polo oeste, sendo os dous únicos días do ano que sucede este fenómeno.

En primavera e verán para o hemisferio norte ponse entre o oeste e o norte (declinación positiva); en outono e inverno o seu ocaso é entre o oeste e o sur (declinación negativa). Simultaneamente, para o hemisferio sur é outono e inverno (ocaso entre o oeste e o norte) ou primavera e verán (ocaso entre o oeste e o sur).

Efectos da refracción atmosférica[editar | editar a fonte]

A refracción da luz solar ao chegar á atmosfera terrestre fai que chegue a luz cando o Sol xa non se atopa no horizonte real, facendo que vexamos poñerse o sol cando realmente está a 0,83º por debaixo do horizonte real.

Medido dende o mediodía local, o ocaso caracterízase polo ángulo horario Φ, onde:

\cos{\phi} = -\tan{\lambda} \tan{\delta} \,

sendo λ a latitude do lugar (do observador), e δ a declinación solar (nese intre). No orto acontece nun ángulo horario -Φ.

O termo crepúsculo vespertino é unha descrición verbal do mesmo fenómeno físico xusto despois da posta do sol, alongando a duración do día despois do solpor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ocaso

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]