Feta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Queixo Feta
Queixo Feta nunha ensalada grega

Feta (grego: φέτα, xénero feminino) trátase dun queixo clásico de Grecia fundamentado na callada do queixo que se cura en salmoira. Este tipo de queixo é moi tradicional, remóntase, polo menos, á Antigüidade homérica (Na Rapsodia "I" da Odisea inclúese unha moi completa descrición da preparación da feta). A feta elabórase xeralmente con leite de ovella aínda que poden atoparse variedades con leite de cabra e mesmo de vaca nalgunhas áreas.

Principais características[editar | editar a fonte]

É un queixo brando, sen "pel" que se expende en porcións rectangulares ou en forma de cuña. A súa consistencia é sólida aínda que flexible posuíndo algunhas gretas e presentando poucos pequenos ocos ou ningún. A súa porcentaxe butirosa (teor graxo) mínimo é do 43% do peso neto. Ao gusto é delicadamente craso e lixeiramente acedo resultando nun sabor moi grato.

No comercio, a auténtica feta distribúese en caixas de madeira ou, na súa falta, en envasada en lata.

Emprego[editar | editar a fonte]

O queixo feta está amparado por unha Denominación de orixe como un dos ingredientes da Ensalada grega e das empanadas gregas chamadas spanakotiropites.

A palabra feta tamén significa corte moi delgado de queixo ou friames. Exemplo unha feta de queixo, unha feta de xamón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Artigo na Internet sobre o queixo Feta: [1]