Felinos
| Felinae Rango fósil: Mioceno - recente |
|||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lynx lynx |
|||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||
|
|||||||||||||
| Xéneros | |||||||||||||
|
Véxase o texto |
|||||||||||||
Os felinos (Felinae) son a subfamilia máis importante da familia Felidae, pois inclúe 13 dos 18 xéneros desta. Os representantes desta subfamilia áchanse amplamente distribuídos por todo o mundo e só faltan de forma natural nas rexiónes polares, Madagascar, Australia e algunhas illas oceánicas. O gato doméstico, pertencente a esta subfamilia, foi introducido en varios destes lugares de forma voluntaria uo involuntaria, converténdose facilmente en cimarrón e causando un grave impacto entre as faunas endémicas.
Os Felinae alcanzan tamaños comprendidos entre os 50 - 60 centímetros do gato patinegro (Felis nigripes) e os case 2 m que pode alcanzar o representante máis grande, o puma (Puma concolor). Todos son eficientes cazadores dotados de garras retráctiles, pero son incapaces de ruxir como os membros da subfamilia Pantherinae porque, ao contrario que estes, teñen unha garganta totalmente osificada. Todas as especies son solitarias, aínda que algunhas toleran con maior facilidade que outras a presenza doutros membros da súa especie no seu territorio.
En catividade producíronse con éxito diferentes tipos de híbridos, tanto dentro dun mesmo xénero como, máis raramente, entre xéneros distintos. Logrouse cruzar o puma con éxito incluso cun membro doutra subfamilia, o leopardo, producindo uns híbridos chamados pumapardos. Os descendentes destes cruces son estériles en todos os casos.
Clasificación [editar]
- Subfamilia Felinae
- Xénero Felis
- Felis bieti - Gato chinés do deserto
- Felis chaus - Gato da xungla
- Felis manul - Manul ou Gato de Pallas
- Felis margarita - Gato da area
- Felis nigripes - Gato de pés negros
- Felis silvestris - Gato montés (incluído Felis silvestris catus ou gato doméstico)
- Xénero Prionailurus
- Prionailurus bengalensis - Gato de Bengala ou Gato-leopardo
- Prionailurus bengalensis iriomotensis - Gato de Iriomote
- Prionailurus planiceps - Gato de cabeza plana
- Prionailurus rubiginosus - Gato rubio manchado
- Prionailurus viverrinus - Gato pescador
- Xénero Puma
- Puma concolor - Puma
- Puma yagouaroundi - Xaguarundi ou gato-lontra
- Xénero Acinonyx
- Acinonyx jubatus - Guepardo
- Xénero Lynx
- Lynx canadensis - Lince de Canadá
- Lynx lynx - Lince boreal
- Lynx pardinus - Lince ibérico
- Lynx rufus - Lince rubio
- Xénero Leopardus
- Leopardus braccatus - Gato pantanal
- Leopardus colocolo - Gato colocolo
- Leopardus geoffroyi - Gato de Geoffroy
- Leopardus guigna - Kodkod ou huíña
- Leopardus jacobitus - Gato de montaña ou andino
- Leopardus pajeros - Gato das pampas
- Leopardus pardalis - Ocelote
- Leopardus tigrinus - Tigrillo
- Leopardus wiedii - Gato-tigre ou gato de Margay
- Xénero Leptailurus
- Leptailurus serval - Serval
- Xénero Caracal
- Caracal caracal - Caracal ou lince africano
- Xénero Profelis
- Profelis aurata - Gato dourado africano
- Xénero Catopuma
- Catopuma badia - Gato rubio de Borneo
- Catopuma temminckii - Gato dourado asiático
- Xénero Pardofelis
- Xénero Felis
Ademais, hai varios xéneros extintos:
- Miracinonyx - Plistoceno de Norteamérica.
- Pristifelis - Mioceno de Eurasia.
- Styriofelis - Mioceno de Europa.