Astrágalo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
É un óso humano, o óso superior da fila proximal do tarso. Presenta seis caras, das que só unha non é articular. Ten tres zonas diferenciadas, unha cabeza, un pescozo (máis estreito) e un corpo (a parte máis posterior e máis grosa).
Estrutura do óso [editar]
- Cara superior: Presenta un saínte óseo, unha tróclea, que forma parte da articulación do nocello.
- Cara inferior: Artéllase co calcáneo, unha dobre artrodia morfolóxica e trocoide funcional.
- Cara posterior: A única non articular das seis. Presenta unha canle para o músculo flexor largo do I dedo.
- Cara anterior: Artéllase coa cara posterior do escafoide.
- Cara externa: Hai nela un tubérculo que presta inserción ó ligamento lateral externo. Artéllase co maleolo peroneo.
- Cara interna: Presta inserción ó ligamento lateral interno do nocello. Artéllase coa epífise inferior da tibia.
Articulacións do óso [editar]
Artigo principal: Nocello