Ovella negra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ovella negra nun rabaño de ovellas brancas.

Ovella negra é un termo usado para clasificar algo ou alguén coma diferente, coma fóra dos patróns, estraño, raro, especial, nun sentido negativo.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Como a meirande parte das ovellas son brancas e claras, cando hai unha alteración xenética e nace unha ovella negra, vese claramente que é diferente das demais. De aí sae esta expresión para clasificar os diferentes. Ademais a presenza indesexable e pouco común de individuos de la negra en rabaños de ovellas non era bo para o criador, pois a la de ditas ovellas non era cobizada no mercado como a branca.[1] En Inglaterra durante os séculos XVIII e XIX, a cor negra das ovellas era vista como unha marca do diabo.[2]

Se unha familia ten membros de conduta incorrupta, decente e honesta, e algún membro da familia sae irresponsábel, ladrón ou fóra dos patróns ditos normais para aquel grupo familiar de individuos, é de inmediato considerado a ovella negra da familia. Tamén a expresión se lle pode outorgar a un membro dun grupo que simplemente posúe características diferentes das dos seus compañeiros, sen o sentido negativo.[3]

Na psicoloxía, denomínase efecto da ovella negra a tendencia dun grupo de tratar ou avaliar un membro da súa propia sociedade dunha forma máis severa que o resto, baseándose nun comportamento negativo por parte do individuo.[4]

Na xenética das ovellas, ser brancas non é por albinismo senón por teren un alelo dominante branco no xene que determina a cor individuo. Pola súa parte, as ovellas negras teñen alelos recesivos, e se unha ovella branca e un carneiro branco teñen un año negro, ambos deben ser heterocigotos con respecto ao negro, e tiñan un 25% de posibilidades de que a cría fose negra. Un estudo recente realizado pola Universidade de Agricultura de Noruega e pola Universidade de Oregón determinou que a cor negra se xera por un alelo E D presente no momento da concepción.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "American Heritage Dictionary of Idioms" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2012. 
  2. Sykes, Christopher Simon (1983). Viking Press, ed. Black Sheep. New York. p. 11. ISBN 0-670-17276-6. 
  3. Houghton Mifflin Company (ed.). The American Heritage Dictionary of Idioms. Consultado o 29 de agosto de 2012. 
  4. Black sheep effect Arquivado 12 de decembro de 2008 en Wayback Machine. Psychology Lexicon. Consultado o 29 de agosto de 2012.
  5. Dag Inge Våge, Helge Klungland, Dongsi Lu and Roger D. Cone (Xaneiro de 1999). Springer New York, ed. "Molecular and pharmacological characterization of dominant black coat color in sheep". Mammalian Genome 10 (1): 39–43. ISSN 0938-8990. doi:10.1007/s003359900939. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 29 de agosto de 2012.